A miúdo temos asociado o concepto de biblioteca a poeirentos depósitos de libros cheos dun coñecemento só accesible para estudantes e sisudos lectores. Cubrir fichas, tirar un carné, saber que obras escoller... existe toda unha serie de limiares que a miúdo afastan o cidadán destes centros. Aos poucos, a idea vai mudando cara a unhas bibliotecas dinámicas, cheas de actividade e que buscan o seu usuario tentando achegarlle temas que lle interesen. En Galicia xa temos algúns exemplos, coma os de Ames e Oleiros, e as previsións da ConsellarÃa de Cultura é que haxa un lote máis.
"A biblioteca tradicional estaba pensada como un espazo fÃsico onde acceder ao libro", recoñece LuÃs Bará, director xeral de Creación e Difusión Cultural, "agora pensamos nun concepto distinto, aproveitando tamén as posibilidades das bibliotecas electrónicas". Deste xeito, desde a ConsellarÃa de Cultura están a traballar nun Plan Xeral de Bibliotecas trianual que incide en que estes centros amplÃen e diversifiquen os seus fondos e muden a súa orientación para atender as demandas dos usuarios. "Fálase da biblioteca como mediador, que achega moitas fontes información alén dos libros", explica Bará. E nese papel ten un papel fundamental o web, que levará toda unha serie de novos servizos e de contidos aos usuarios. "Por exemplo, queremos que as fichas dos libros inclúan datos coma as capas e información sobre os autores ou que aparezan clasificados por xéneros e idades", apunta. Ademais dos libros, as bibliotecas queren servir como mediadores que recomenden webs sobre diferentes temas aos usuarios.
Actividades
Canda a iso, o modelo de biblioteca que propoñen desde a ConsellarÃa "ten que ser tamén un centro cultural, ofertar aos cidadáns máis servizos e actividades, desenvolver unha programación na que se permita o achegamento aos autores e propostas de animación á lectura para diferentes públicos". Neste sentido, Cultura está a elaborar un catálogo de actividades no que os centros poderán seleccionar as que prefiran: contacontos, obradoiros, charlas cos autores, recitais, pequenas representacións... Tendo en conta a posibilidade de que as instalacións dispoñibles non sexan óptimas para este novo enfoque, Bará asegura que "estamos a colaborar cos concellos para mellorar equipamento, crear salas infantÃs e facer reformas deste tipo".
Ames: Chegar ao público
Cunhas premisas coma estas, no Concello de Ames hai xa unha boa temporada que as bibliotecas están a converterse nun eixe fundamental da actividade cultural da zona. Arredor de seis mil persoas, cinco mil delas con carné, dos 22.000 habitantes do municipio, empregan habitualmente as instalacións dos dous centros que existen no Milladoiro e en Bertamiráns ou participan nas súas actividades, o que supón que un 27% dos cidadáns. Segundo explica Santiago EirÃs, responsable da biblioteca de Milladoiro, "é un Ãndice moi bo que tentamos mellorar". Conseguir estes resultados esixe evidentemente moito traballo. "Téntase ampliar o concepto tradicional de biblioteca", recoñece. "Ademais de libros e de prensa hai acceso a Internet con computadores e por rede sen fÃos, temos tamén bastante cine en DVD e procuramos contemplar temas que poidan chamar o público".
Publicitar o local
Neste sentido, a biblioteca funciona en moi boa medida coma un centro cultural no que se poden encontrar unha chea de propostas. "Está entendida como centro para todo tipo de actividades", lembra EirÃs. Por se a programación en si mesma non abonda para convencer a xente de que se achegue, en Ames non descoidan a comunicación co seu público. "Durante todo o ano publicitamos as campañas pola prensa, mediante folletos en caixas de correo, con carteis nas paradas de bus ou mandándolle anuncios aos nenos nas escolas", apunta este bibliotecario. "O boca a boca tamén funciona bastante. Por exemplo, conseguimos a presenza da terceira idade con algo tan sinxelo como ter a prensa diaria".
Sacar os libros
Ademais de levar a xente ao centro, as propostas neste concello pasan tamén por levar o centro ao público. "Hai campañas de promoción da lectura polas parroquias. Por exemplo, agora facemos unha sobre a música, e levamos libros especÃficos sobre este tema ás escolas unitarias para que a xente as coñeza. Facemos campañas polo Nadal, no DÃa da Mulller, no DÃa das Letras, no verán, na volta ao cole, con ocasión do magosto ou do SamaÃn... Recollemos todos os libros sobre o tema e levamos actividades coma contacontos sobre cada cuestión", explica este bibliotecario. Tamén contan en Ames cunha "Bibliopiscina" que durante o verán, nas dúas piscinas públicas do concello e mais na praia fluvial, achegan cadanseu punto de lectura e actividades "para conseguir que os nosos usuarios máis novos non nos deixen durante ese tempo de lecer". O conxunto destas propostas, canda a outras coma clubs de lectura e de escrita ou actividades para nenos conseguen achegar aos centros unha grande variedade de público. De cara ao futuro inmediato, en Ames agardan contar en breve cun novo edificio para a biblioteca de Bertamiráns e continuar coas súas campañas anuais.
A experiencia de Oleiros
Con algo máis de experiencia que Ames e un recoñecemento unánime do sector, a Rede de Bibliotecas de Oleiros mantense como un referente deste novo xeito de entender os centros. E non é de estrañar. Un concello con 31.000 habitantes conta con nove bibliotecas, e arredor dun terzo da poboación posúe carné. Segundo explica Luz Corral, responsable da rede, "pretendemos que sexan un punto de encontro para todos os cidadáns pero principalmente para os nenos e os mozos. Son bibliotecas activas e dinámicas, abertas á comunidade na que están situadas e traballan diariamente pola promoción da lectura". Neste sentido, os locais acollen actividades coma a hora do conto, encontros con autores, faladoiros literarios, talleres de ilustración e banda deseñada ou campañas de animación para centros de ensino. Ademais elaboran guÃas de lectura ou exposicións bibliográficas, e conmemoran, ao igual que Ames, efemérides coma o DÃa do Libro ou o DÃa da Letras, data en que se realiza unha exposición bibliográfica ao aire libre. De cara ao vindeiro ano traballan en campañas para centros de ensino, que achegarán os alumnos do concello de entre dous anos a primeiro de bacharelato ás bibliotecas. Alà agardaranos diferentes actividades de fomento da lectura axeitadas ás diferentes idades. Para alén, talleres de lectura, comentarios de obras e mesmo visitas a museos son outras propostas habituais desta rede.
Outros exemplos
Iniciativas coma estas son, explicitamente, inspiración do novo plan no que está a traballar a Xunta. "Non é ningunha invención, propostas semellantes están a ser desenvolvidas con éxito por algunhas bibliotecas mesmo en Galicia con moi bos resultados", asegura o director xeral. "Hai un tipo de concello, con vilas de certa entidade de poboación que están a facer un bo traballo de dinamización", apunta. E cita, alén da Rede de Bibliotecas da Coruña, o caso de Oleiros "que son unha referencia", Cambre, Ames, e aÃnda casos coma os de Baiona, Porriño VilagarcÃa ou Caldas. "Hai un grupo de vilas que son unha referencia para que outros lugares aposten por este modelo", completa. Agardemos entón uns anos a ver como se abren as bibliotecas un pouco máis á sociedade.