O Consello da Cultura Galega editará a obra completa do Padre Sarmiento

Un pai moi diperso

Unha tarefa titánica. Ou polo menos así, se pode chamar ó proxecto no que se vai a embarcar o Consello da Cultura Galega, co que pretende recuperar e editar a obra completa do Padre Sarmiento (Vilafranca do Bierzo, 1695- Madrid, 1772). O que está editado hoxe da obra de Sarmiento é unicamente a punta do iceberg, xa que se coñece unha quinta parte da obra do fraile que abrangue a múltiples campos de coñecemento. Segundo, os cálculos das diferentes comisións de traballo organizadas para a publicación do material, a obra completa do vindeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas, ocupará de 20 a 25 tomos de 1.500 páxinas cada un.







Un labor detectivesco



Recuperar a obra completa do Padre Samiento supón un duro proceso e traballo de recompilación tanto pola súa extensión e heteroxeneidade como pola súa dificultade. De feito, a penas se conservan manuscritos de autor, e todo o seu traballo e material sácase de copias que se conservan de orixinais perdidos. Un traballo que vai a englobar a múltiples comisións de traballo, xa que a obra do Padre Sarmiento é moi heteroxénea e se analizará desde o punto de vista filolóxico, historiográfico, lingüístico e bibliográfico.
Dentro dos primeiros pasos deste proxecto, logo da creacíón dun consello científico, procederase o rexistro dos fondos manuscritos do xeito mais exhaustivo posible. De feito, un dos primeiros obxectivos é o de dixitalizar e recuperar as máis de 20.000 páxinas que se conservan do autor en arquivos de Andalucía (no Arquivo da Casa Medina Sidonia en San Lúcar de Barrameda, en Cádiz) e de Madrid, transcribíndoas e realizando unha edición crítica.
Todos estes traballos de recuperación da obra están pensados como parte dun proxecto a longo prazo, que durará entre uns sete ou oito anos.













Previsións dun proceso



Trala constitución do Consello Científico desterminará os especialistas das áreas de trabalo, pasarase nunha segunda etapa, a crear un rexisto dos fondos e a súa bibliografía do xeito máis exhaustivo posible. A partires de ahí , e dado o carácter heteroxéneo da súa obra, constituiranse equipos de traballo que se crearán en función das múltiples disciplinas que foron analizadas polo Padre Sarmiento. As obras e as áreas de traballo repártense entre: Filoloxía, Historia, Bibliografía e Arquivos, Pedagoxía e Educación, Belas Artes, Xeografía, Historia da Ciencia, Botániza, Zooloxía, Medicina e Farmacia. Unhas áreas que contarán, para o estudio e análise con estudiosos e analistas que son membros das correspondentes comisións do Consello da Cultura Galega. A partires de aí comezaranse a establecer os prazos de traballo para a elaboración dos materiais, a súa redacción e a súa posterior publicación.








Uns apuntamentos sobre a súa figura



Nado en Vilafranca do Bierzo en 1695 e finado en Madrid en 1772, o Padre Sarmiento resulta unha figura destacada dentro da ilustración galega. De feito, foi o precursor da filoloxía galega, e ten no seu haber ser o pioneiro en abordar estudios sobre a lingua e a tradición oral. O ano que vén o día das Letras Galegas estará adicado á recuperación da súa figura e pretende centrarse na súa importancia directa e indirecta en favor da cultura galega. Ademais da súa aportación bibliográfica, as súas crónicas de viaxe fixeron posible coñecer a Galicia do século XVIII.