A Sección de Literatura do Liceo de Ourense recupera a celebración dos Encontros de Escritores Ourensáns que organizou o Clube Alexandre Bóveda ó longo da década dos 90. Este sábado terá lugar a quinta edición destes encontros, coa participación de case vinte autores, entre os que están Alfredo Conde, Ramón Caride, Xosé Carlos Caneiro, Camilo Franco e Marcos Valcárcel. Durante a xornada sucederanse mesas redondas e faladoiros, tamén está prevista a presentación do libro ‘‘A esmeralda branca’’ (Follas Novas 2006), do poeta Manuel Vilanova.
Máis información no Programa do Encontro