Está recoñecido de xeito xeral que a publicación de "Con pólvora e magnolias" de Méndez FerrÃn, provocou a fin da era da poesÃa social en Galicia. Aquel libro saÃu a luz baixo un selo, "Rompente", que hoxe é bastante menos coñecido do que o tal tÃtulo. Baixo este nome agochábase un colectivo de autores que, con núcleo de Alberto Avendaño, Manolo Romón e Antón Reixa, apostaron por levar a poesÃa á rúa xa nos anos setenta, nunha proposta que revolucionou o xénero e entroncou coa movida urbana do paÃs.
"Rompente tiña moitas cousas por facer naquel momento. Tiña unha carga ideolóxica que non tiveron grupos de despois, tiña a vontade de enlazar historicamente co lado mais iconoclasta das vangardas e unha actitude de modernidade estética e de subversión", explica Chus Nogueira, filóloga e crÃtica literaria no noso soportal Lg3. Segundo explica Antón Reixa, un dos seus fundadores, "Rompente foi un colectivo que nun comezo nace como revulsivo fronte ao que era cara a 1975 a hexemonÃa da poesÃa social". A iniciativa cristalizaba co nome de Grupo de Resistencia Poética (máis tarde mudarÃa a Grupo de Comunicación Poética), en 1976. A partir diso, "o colectivo tardou en se definir, pasou por alà xente como Alfonso Pexegueiro, e Méndez FerrÃn está moi preto e mesmo publica con este selo `Con pólvora e magnolias´. Ao final, Rompente queda como a creación colectiva de Manuel Romón, Alberto Avendaño e miña". Nun artigo sobre a cuestión, "O meu rompente", Avendaño lembra que "a idea era crear un grupo que defendese os poetas do silencio editorial no que se encontraban e proxectase a súa voz nunha Galicia en transformación e transición polÃtica". A provocación formal, unha linguaxe urbana, a introdución de elementos da publicidade, o verso directo, a poesÃa como espectáculo e, en xeral, a busca dunha maior relación co lector son caracterÃsticas propias deste grupo.
Ruptura conceptual
Segundo explica Chus Nogueira "o que fixo Rompente foi rachar a tradición no sentido de cuestionar o propio texto clásico da poesÃa. Foron por outras vÃas tanto desde o punto de vista do texto como á hora de levalo á rúa e facer do poema algo representable e que se podÃa difundir". Neste sentido, Reixa lembra que o que unÃa os membros do grupo "foi unha concepción da poesÃa como unha forma de intervención. Isto supuña darlle moito valor a como editar os poemas e tamén a como os pór en escena. Fixemos unha serie de actos que chamábamos espectáculos poéticos audiovisuais, hoxe serÃan performances. Alà púñamos diapositivas, música... Lembro unha intervención do grupo no parque de Castrelos, en Vigo, con motivo do DÃa das Letras do 77 ou 78. TÃñamos unha escenografÃa deseñada por Antón Patiño e Menchu Lamas, un púlpito e un megáfono para recitar, lembro aquilo como especialmente grato". De xeito semellante, os recitais-espectáculos de rompente percorreron, entre 1976 e 1983 o paÃs rachando convencións. Disfraces, dramatizacións, improvisacións... todo se incorporaba ao discurso poético nun momento en que a cultura bulÃa.
Ruptura do soporte
E é que, como amosa ese exemplo, o colectivo foi pioneiro na conexión da poética con outras artes. Ademais da intensa colaboración con artistas plásticos coma Patiño e Lamas, os membros de Rompente participan no desenvolvemento da movida viguesa e comparten escenarios e proxectos con artistas coma Julián Hernández, futuro membro de Siniestro Total, que achegou a música a moitos dos espectáculos do grupo. AÃnda que é ben coñecida a posterior carreira musical de Antón Reixa cos Resentidos, tamén Romón participou en iniciativas deste tipo como o grupo "Los ratones de Vigo" e mesmo compartÃa coche coa xente de Siniestro Total no accidente que lle deu nome ao grupo. A inquedanza multimedia do grupo levounos mesmo a levar un programa de radio, "Rompente Radio Esquimal", que se emitiu desde a Radio Popular de Vigo os sábados e que, segundo lembra Avendaño, "estivo no aire menos do que dura a primavera".
Edición alternativa
Ademais do propio traballo de creación e da difusión da poesÃa, o grupo desenvolveu tamén un intenso labor de edición, "Seraogna" de Pexegueiro, "Facer pulgarcitos tres" de Antón Patiño, "Galletas kokoschka non" de Romón, "As ladillas do travesti" de Reixa ou o colectivo "Silabario da turbina" son algúns dos tÃtulos que xurdiron daquela aventura. Boa parte da produción impresa do grupo xurdiu na forma de publicacións de estilo fanzine. De feito, a primeira edición de Rompente, "Crebar as liras" xurdiu directamente dunhas das imprentas artesás coñecidas coma vietnamitas que se empregaban para a edición de panfletos clandestinos. Na mesma liña, o colectivo difundÃa en manifestacións e eventos públicos, na forma de pasquÃns, as "Follas de resistencia poética". "Tirabamos cincocentos panfletos cun par de textos con contido non necesariamente polÃtico, pero acompañados de consignas polÃticas e sociais impresas posteriormente en cada folla, manualmente", lembra Avendaño. A partir destas experiencias botaron a andar uns "BoletÃns" dos que só chegarÃa a saÃr un número. Iso si, ben cheo de polémica, xa que no DÃa das Letras dedicado a Manuel Antonio, a portada reclamaba "¡Fora as vosas sucias mans de Manuel Antonio!". E é que o poeta vangardista de Rianxo era especialmente querido polos membros do grupo.
A mudanza
A pesar da intensa renovación que o grupo supuxo, e que deu no fin da época do realismo social, as propostas de Rompente non cristalizaron nas novas voces lÃricas dos anos oitenta. "Cando o grupo acadou madureza, a poesÃa galega xa Ãa por outro camiño. O grupo mantense ata o ano 83, e xa desde o 79 comeza a predominar unha serie de poetas novos importantes que daquela eran chamados `venecianos´" lembra Reixa. "Eran fundamentalmente lÃricos e nós non estábamos nesa categorÃa". Concorda con esta idea Chus Nogueira: "Isto quedou na memoria, pero se pensamos nos autores máis recoñecidos dos oitenta, caracterÃzanse polo clasicismo, a moderación e tamén unha idea de normalidade que reivindicaba Rompente". Dos membros do grupo foi o polifacético Reixa o que conseguiu con posterioridade mais sona, continuando na música co seu espÃrito provocador. Tamén Romón continuou a súa actividade poética ao longo do tempo, traballando ademais en televisión. Pola súa banda, tamén Avendaño desenvolveu unha certa carreira televisiva, ata chegar ao ensino universitario. Desde aquela, deu ao prelo un libro, "Texas", aÃnda no ano 2000.
O legado silandeiro
En medios académicos debátese aÃnda a importancia que o movemento tivo naquela altura. "Hai mesmo certa polémica sobre ata que punto callou no seu tempo. Se os lectores e o público estaban preparados para unha proposta coma esa. Hai quen considera que foi máis reivindicado a comezos dos noventa do que no seu propio momento", lembra Chus Nogueira. Reixa, pola súa banda, sinala que "a verdade é que tiñamos unha certa actividade de recitais. Levábamos o sambenito de que o que escribÃamos era máis interesante recitado por nós do que lido". Avendaño, no seu artigo, lembra con entusiasmo que "os recitais enchÃan os auditorios as casa de cultura, as aulas universitarias e os paraninfos dos institutos", e sinala que a miúdo encontraban un público composto por mozos do máis moderno que accedÃa con eles por primeira vez á poesÃa en galego. Non cabe dúbida de que Rompente conseguiu levar a súa proposta onde nunca chegara antes a cultura no noso idioma. Da influencia posterior de Rompente dá boa fe a reivindicación que deles se fixo coa edición, en 1998, de "Upalás" cunha escolma da súa produción. Para alén, o nome deste colectivo é unha referencia inescusable á hora de falarmos de grupos que, anos despois, tentaron de novo a aventura de levar a poesÃa ao ámbito máis popular, como foron Ronseltz ou o Batallón Literario da Costa da Morte.