Logo de estrear na Coruña a ópera "Bastián e Bastiana", o director teatral Xosé Manuel Rabón anuncia que está a preparar para o vindeiro ano unha nova versión do "Hamlet". Segundo el, o proxecto partirá dun texto de Eduardo Alonso titulado "Hamlet final", e conta cos actores Tuto Vázquez, AgustÃn Vega e Amalia Gómez, que terán que se desdobrar para interpretar os sete personaxes que aparecen na obra.
Máis información na edición de hoxe de Galicia Hoxe; máis Hamlets nos nosos arquivos