O filme dirixido polo tándem Miguelanxo Prado e Nani GarcÃa, “De Profundis”, abre o vindeiro 18 de outubro a lista de producións galegas (unhas máis ca outras) que se veñen de presentar en “Galicia, terra de cine”. Unha iniciativa para dar a coñecer o audiovisual que se fai no paÃs e na que se viron diferentes tendencias: o pulso crecente da animación, xénero ao que se suman cada vez máis produtoras, e un interese por buscar historias universais facilmente exportables. Unha trintena de producións que suporán máis duns cincuenta millóns de euros, dos que trinta serán galegos.
“De profundis” é unha peculiar pelÃcula de animación coa que Continental inaugura a división de animación. Longametraxe diferente que combina varios talentos creativos de renome: Miguelanxo Prado (autor dos 4.000 debuxos empregados neste traballo), Nani GarcÃa (compositor da música), a Orquestra Sinfónica de Galicia e Ainhoa Arteta que pon voz ao único tema vocal da composición. Unha atÃpica longametraxe que terá unha atÃpica premiere: os dÃas 18 e 19 de outubro no Pazo da Ópera na Coruña, onde a OSG interpretará en director unha versión dunha pelÃcula que ten o océano como protagonista. Con “De profundis” Miguelanxo Prado estréase como director, Continental inicia a súa produción de animación e ábrese a temporada de estrea nas que participan as produtoras galegas.
Co Nadal á volta da esquina
A ninguén se lle escapa que o Nadal está á volta da esquina, e moito menos aos produtores, que vén nesta temporada do ano unha boa época para rendabilizar as súas producións cinematográficas. Un perÃodo para o que as produtoras galegas teñen preparado unha baterÃa de estreas. Non é de estrañar que “Mia Sarah”, comedia romántica de Formato Producións (cun 72% de capital galego) aÃnda que está rematada quede no caixón das distribuidoras ata o 22 de decembro. Comedia lixeira “pero sarcástica”, como apuntou o seu director Gustavo Ron (para quen esta é a súa ópera prima), rodada entre A Coruña e Londres na que participan Verónica Sánchez, Daniel Guzman e Fernando Fernán Gómez. Dunha comedia romántica pasamos a outra, “Hotel TÃvoli”, a segunda longametraxe do polifacético creador Antón Reixa ten a súa estrea prevista para fin de ano. Unha longametraxe que segue o percorrido aleatorio dun chisqueiro que extravÃan os seus donos ocasionais en diferentes partes do mundo. A produción de Filmanova non estará soa na carteleira, porque a través da súa sociedade de investimento (Filmanova Invest e cunha participación do 17.5%) incorpórase a "Os Totenwackers", pelÃcula que rodada en Barcelona, está protagonizada por Geraldine Chaplin e é a primeira pelÃcula de misterio infantil producida en España ao estilo Harry Potter.
Por último, e dentro das estreas previstas para Nadal non podÃa faltar unha pelÃcula de animación. Este ano, Filmax dá un paso máis alá e presenta a súa primeira longametraxe que combina animación 3D con imaxe real. Faino con “Pérez, o ratiño dos teus soños”. Unha historia coherente coa polÃtica de animación da empresa, que segundo explicou o director xeral de Filmax Entertainment Galicia, Xosé Manuel Barreira DÃaz “pretende levar o noso imaxinario cultural ao cine que comezamos con “O Cid, a lenda”, seguimos con “Pinocho” e agora co ratiño Pérez”.
En canto á produción feita para televisión, as produtoras galegas tamén avanzaron os proxectos que veremos na pequena pantalla (principalmente na TVG) no último trimestre do ano. Moito documental, algo de ficción e, como nota curiosa, “A Casa de 1906”, un curioso reality documental que se emitirá en diferido (data aÃnda sen confirmar, pero desde Continental apuntaron posiblemente para outubro) no que dúas familiar vivirán varias semanas tal e como se vivÃa en 1906. Entre novembro e decembro, Televisión de Galicia ofrecera “Linatakalam”, unha serie de 6 capÃtulos de 27 minutos de duración na que segundo o produtor ValentÃn Carrera “o fÃo común será precisamente o que recolle o seu tÃtulo, que significa “falemos”, e que fala do diálogo entre as civilizacións, agora que están tan de moda”.
As tendencias
Nas producións presentadas no encontro organizado polo Consorcio Audiovisual de Galicia, “Galicia, terra de cine”, pódense apreciar varias tendencias. En primeiro lugar, un interese crecente das productoras por desenvolver proxectos de animación. Ademais de “De profundis”, Continental estrea a súa división de animación con “A flor máis grande do mundo” a curtametraxe de Juan Pablo Etxeberry que levará ao cine o único conto que José Saramago escribiu para nenos. Pero, destaca sobre todo, “A crise carnÃvora”, unha corrosiva historia pensada para un público adolescente (“non infantil” apuntaba a produtora executiva Chelo Lourenzo) e que se poderá ver na primeira longametraxe feita con tecnoloxÃa flash no primeiro trimestre de 2007. Outra aposta interesante pola animación é a feita por Ib Cinema con “Linko Killer”, a primeira longametraxe rotoscopiada feita en España (técnica que consiste en transformar un actor nun debuxo animado) cunha historia moi comprometida co seu tempo. Estes produtos evidencian que a animación galega vai un paso máis alá con técnicas novidosas, e historias máis arriscadas que comezan a dar signos de que o xénero comeza a madurar. Xunto con estas producións é una cita obrigada “Donkei Xote”, a produción pola que Filmax aposta moi forte investindo trece millóns de euros (un tercio deles será produción galega) e que estará listo para finais de 2007.
En canto ás historias presentadas poden entreverse dous camiños. Dunha banda apréciase unha busca por contar historias que recollan o noso imaxinario cultural. Son as producións con menos orzamento, destinadas a televisión e, de vez en cando, a cine. Exemplo disto son as producións nas que Xan Leira (Acuarela Comunicación) fai unha recuperación sistemática da memoria histórica a partir da Guerra Civil do 36. Un discurso fÃlmico que o propio Xan Leira recoñece feito para “público minoritario e que está construÃdo en galego”. Nesta liña, aÃnda que no campo da ficción, Saga TV ten previsto ficcionar para o cine a vida de SofÃa Casanova, unha correspondente que cubriu os conflictos bélicos máis importantes do século XX (as dúas guerras mundiais, a revolución bolchevique e a guerra civil española) e que naceu en Galicia a finais do século XIX. Ou a historia da intoxicación por metÃlico, tamén en clave de ficción e para salas, dirixida por Ignacio Vilar producida por VÃa Láctea FIlms A outra tendencia, que convive coa anterior, é a da procura de historias universais, facilmente exportables e desvencelladas do noso compoñente identitario. “Mia Sarah”, “Mute” (longametraxe de misterio en fase de desenvolvemento por Vaca Films) ou “Unha muller invisible” (dirixida por Gerardo Herrero e prevista para marzo de 2007) son tÃtulos que non recollen o ambiente galego pero que teñen unha porcentaxe destacada de participación galega (de capital, de equipo técnico e mesmo actoral, asà como escenarios e localizacións).
En cifras
Ao lado da dimensión creativa, non hai que esquecer que falamos dunha industria, cultural pero industria á fin e ao cabo. Por iso, neste encontro, ademais de ideas e de proxectos, evidenciouse que o financiamento e a distribución son os principais problemas do audiovisual hoxe en dÃa. De feito, a maior parte dos proxectos responden á fórmula da coprodución, como solución máis viable economicamente. Os pouco máis de corenta proxectos presentados (cómpre pensar que non estaban neste encontro todas as produtoras do paÃs e que faltaban nomes tan destacados como Dygra) supoñen uns cincuenta e cinco millóns de euros, dos que uns trinta e dous millóns proceden de capital galego. A participación da TVG e as axudas da Administración son elementos clave. De feito, sobre este último factor falou Fernando Lara, director do Instituto de CinematografÃa e Artes Visuais, que estivo o venres nunha cea ofrecida pola SecretarÃa Xeral de Comunicación, onde apuntou que “numerosas comunidades autónomas están a tomar nota do que pasa en Galicia e están a empezar a estudar o modelo”.
En Galicia, segundo explicou o director-xerente do Consorcio Audiovisual, Ignacio Varela, na presentación do encontro “fanse unha media de quince longametraxes de ficción, vinte documentais, unhas quince tvmovies e cinco ou seis series anuais e que xeran uns 3.000 empregos estables”. Un modelo apuntalado grazas á Lei do Audiovisual (6/1999 de 1 de setembro) que considera este sector como estratéxico. Grazas ao apoio lexislativo e de goberno, e a encontros como este, podemos apreciar que en Galicia existe unha industria crecente (e desigual) que medra cada dÃa.