Todo o mundo ten unha viaxe máis especial que as demais. Non só polo propio lugar que se foi visitar, senón pola persoa coa que foi, a xente que coñeceu ou algunha anécdota. Hai viaxes físicas, pero tamén hai viaxes emocionais, que son máis intensas e máis vívidas. Por iso hoxe, dentro das nosas propostas de Turismo Cara B, mergúllamonos na literatura dos clásicos para ir por roteiros de sempre pero descubertos por alguén especial. Nesta viaxe por Galicia o guía é Álvaro Cunqueiro.
De todos é ben coñecido que Álvaro Cunqueiro era, ademais dun bo escritor, un amante da boa mesa. De feito, ese gusto polo bo comer e o mellor beber marca boa parte da súa extensa obra literaria, aínda que tamén ten obras específicas relacionadas como A Cociña galega, Viajes y yantares por Galicia ou Viaje por los montes y chimeneas de Galicia. Caza y cocinas gallegas.
Hoxe aproveitamos Viajes y yantares por Galicia, nunha reedición moi coidada feita pola Editora Albarellos na que compila a obra periodística do autor publicada en Vida Gallega. Son artigos xornalísticos, culturais pero sobre todo unha guía excelente para visitar certas paraxes típicas pero non tópicas, que non acostuman ser lugares turísticos por excelencia. Son eses lugares Cara B que descubrimos con Cunqueiro.
ONDE IR
Con Don Luís de Góngora en Monforte de Lemos
Un dos visitantes máis ilustres que tivo Monforte foi Luís de Góngora. O escritor barroco quedou tan prendado que lle dedicou un soneto. Un texto do que se serve Cunqueiro nun dos seus artigos para dicir Para min, Monforte é unha torre, unha ponte e un río. Con esta palabras, o escritor mindoniense estase a referir, en primeiro lugar á Torre da Homenaxe, que pertenceu á fortaleza construída no século XII polo conde de Lemos. Foi restaurada e aberta ao público como museo hai pouco tempo e, para os máis cativos, poden coñecela a través de visitas teatralizadas. Continúa a dicir o escritor que Baixo cara a ponte vella a acomodarme para sentir pasar o río, un longo e acariciador susurro. O Cabe, moído como o trigo nas aceñas, vai morrer ao Sil; Sil, segundo o Padre Sarmiento, quere dicir terra colorada.
Descubre a paraxe a través do portal Turgalicia
Nembarcos, Bergantiños, Soneira
Dicía Álvaro Cunqueiro en xuño de 1956 que viaxando a Soneira, a Nemancos e a Bergantiños viaxo a onde están algúns dos temas esenciais da historia espiritual de Galicia. Cunqueiro aproveita entón para recuperar a figura de Eduardo Pondal, nado en Ponteceso (nas terras de Bergantiños) e percorrer a través da súa obra Queixumes nos pinos esta zona. Di entón que podía ir a Corme a ver os veleiros, eses que cando en Asturias os ven pasar a abril e maio, din as xentes da costa: Xa pasan os cormeños, o que vale tanto como dicir: Xa veu a primavera. Podría ir a Vimianzo, a ver si está por alí de madrugada, Pedro Madruga, a palma e a flor, brincando dun galope as torres e segue dicindo que Amarelle, o pazo, vale unha pavana en honor dunha infanta difunta. E o dolmen de Dombate, ese vale o verso de Pondal (...) no mercado de Carballo compro unha cunca de barro de Buño, énchoa de trigo e a un mendigo lla ofrezo, a imaxe dos señores da antiga Irlanda, polo bardo que en Ponteceso agarda, oíndo o mar.
Descubre as localidades das que fala Álvaro Cunqueiro nesta ruta proposta por Turgalicia. Máis información no noso tema sobre a Olería de Buño; o sitio web do Domen de Dombate
O pasaxeiro pola provincia de Lugo
Si eu (Álvaro Cunqueiro) fixese itinerarios para uso de turistas para entrar en Lugo faría os seguintes:
1.- Desde Ribadeo (onde aconsellaría mesa e repostería) Tras deixarlle ao pasaxeiro contemplar a fermosura da ría e das riberas, poñeríao en San Martiño de Mondoñedo, a ver o que queda da igrexa antiga, a mostrarlle a familia que vive nos capiteis e nos que quebra albores a alba romántica, e as pinturas e o emocionante frontal. Se o pasaxeiro viñera de Escandinavia ou de Alemaña, non deixaría de amosarlle o báculo de Gonzalo, e de amosarlles o lugar desde onde, coa artillería das súas avemarías, deu fin o santo bispo a unha frota viquinga. E desde San Martiño? como non ir ao atardecer, desde abril a novembro, a Sargadelos?. Alí está un dos máis belos paisaxes románticos de España. E a durmir a Viveiro, ao berce do mar, a voz da serea do Norte que aquí, nesta praia, perdeu a súa lira.
Ver Ribadeo, Viveiro e Cervo (onde está a factoría de Sargadelos)
2.- Desde Viveiro: Podo subir ás terras do corazón da provincia. Podo subir ata Vilalba polas soidades da Gañidoira, ou podo deixarme ir, como unha folla que vai polo río, á dozura de O Valadouro, e do fermoso val a Mondoñedo (...) e xa que estamos en Mondoñedo, e sendo o que esto escribe de nación mindoniense, non se pon agora mesmo, por pudor, a facer o seu eloxio. Pero se o pasaxeiro que visita a cidade fose nación inglesa ¿como non advertirlle que na catedral, mirando para o coloreado espello, que é como mirar para un mediodía do Paraíso Terrenal, está a Nosa Señora a Inglesa, a Virxe co neno que estaba no século XVI no alter maior a catedral de San Paulo en Londres?.
Visita Mondoñedo
3.- Desde Mondoñedo. Álvaro Cunqueiro ofrece dous posibles camiños, subir a Lugo polo bordo da fraga de Rioseco, desde onde se cruzaría a Pastoriza ou tirar cara Vilalba. E de aí a Lugo.
Unha vez en Lugo, di Cunqueiro, ¿Dúas ou tres xornadas para o pasaxeiro en Lugo? A basílica, o Museo, as Murallas e o paseo ao río catro referencias imprescindibles para este autor tamén imprescindible da literatura galega.
Visita a Muralla de Lugo no web do Concello de Lugo e na nosa hemeroteca. Por suposto, non te esquezas de descubrir o Museo