Foi en novembro de 2005 cando saÃan do prelo os douscentos exemplares ilustrados de "El Quijote" (en dous volumes) de Edicións Linteo. Dentro das cubertas de coiro, con encadernación artesanal, recollÃase o texto de Cervantes editado polo propio director de Linteo, Manuel Ramos, a partir da primeira edición da obra. Canda a el, incluÃase a obra artÃstica que o valenciano Ramón Pérez Carrió realizou para a ocasión, nada menos que 28 gravados calcográficos, 20 pinturas reproducidas como láminas litográficas, 150 letras capitulares diferentes deseñadas a propósito, 80 debuxos para completar diferentes partes da obra e un retrato de Cervantes. O Ministerio de Cultura recoñecÃa este traballo, neste mesmo mes de xuño de 2006, cun segundo premio para esta obra coma libro mellor editado na categorÃa "Libros de Bibliofilia".
Eleccións editoriais
Con esta presentación pública culminaba un intenso traballo de seis anos para Ramos e Pérez Carrió. A pesar da coincidencia de datas, o director de Linteo asegura que non tiña a intención de lanzar este libro con ocasión do cuarto centenario da obra. "Eu tiña especial interese en facer unha edición coma esta porque me parece unha obra emblemática das letras universais, e sempre quixen facer unha edición con gravados", sinala. Foi o contacto coa obra do gravador, nunha exposición en Ourense, o que o convenceu de que chegara o momento de pór a andar o proxecto. Facer que calquera persoa, e máis un artista, se involucre nunha iniciativa desta magnitude non é sinxelo. "Penso que atopei a persoa axeitada, porque amosou ter a capacidade de traballo idónea", explica Ramos. Dentro desta capacidade está a dedicación exclusiva de tres anos e medio a esta edición, sen realizar ningunha outra obra artÃstica. "Ademais conseguimos poñernos de acordo axiña no concepto de libro que querÃamos ilustrar. Non querÃamos facer unha edición tÃpica cos gravados á parte. QuerÃamos incorporar o gravado ao libro", completa o editor. A meticulosidade que esixe esta técnica, coa demora correspondente, levou ao equipo a apostar por combinar cos gravados láminas litografadas que reproducÃan pinturas ao óleo e obras realizadas coa técnica da incáustica (que inclúe a combustión de determinadas partes da pintura).
Arte para o cabaleiro
Previamente ao propio traballo de creación artÃstica, este entregado equipo desenvolveu un completo traballo de documentación. "QuerÃamos facer un Quixote moderno pero figurativo, e desenvolvemos unha completa investigación sobre elementos visuais da época, como a propia roupa dos personaxes", explica Ramos. Esta indagación completouse un exhaustivo percorrido polas edicións ilustradas da obra que se fixeran con anterioridade. "TÃñamos que definir as escenas que querÃamos ilustrar, e era xa imposible encontrar algunha que non estivese representada anteriormente", recoñece. "entón buscamos as que eran máis representativas e pensamos en como facelas de xeito orixinal. Ademais debÃamos ter en conta que os gravados debÃan seguir unha secuencia dentro do libro, non se podÃan acumular ao comezo ou ao final". A mestura de elementos simbólicos non presentes no texto orixinal coa inclusión de referencias a autores coma Monet, Velázquez ou Boticelli deu nunha mestura que convenceu ao editor e mais ao artista. "Por exemplo, cando o Quixote vela as armas, Pérez Carrión pinta un anxo que llas trae, e introduce asà un contido transcendente na escena. Ou no encontro que ten cuns duques, collemos o cabalo no que Velázquez pintou a Felipe IV e poñémolo cunha duquesa enriba", lembra Ramos. "isto permÃtelle ao espectador recoñecer algo e ao tempo ver que hai unha orixinalidade superposta".
A investigación aproveitada
Todo este traballo de análise sobre como representar graficamente a obra foi aproveitado pola editora. "Como un ensaio para traballar as escenas fixemos unha primeira versión ilustrada dos primeiros seis capÃtulos, o coñecido como `Pequeno Quixote´, que tamén editamos". A partir do material gráfico revisado para se documentar, Linteo tirou tamén unha edición en dous tomos que escolmaba máis de cen ilustracións que acompañaran o cabaleiro entre os séculos XVIII e XIX. E cunha selección máis restrinxida deste material, publicouse unha axenda ilustrada. "Foi moi bonita, tiramos dúas edicións cun gravado histórico cada dÃa e ao final de cada mes unha páxina onde se explicaban cousas da obra coma a representación da gastronomÃa ou das mulleres. Tamén incluÃn un pequeno estudo o valor literario do libro". AÃnda se fixo unha edición separada e a grande tamaño dos gravados que se realizaron ex profeso para a obra. E unha mostra itinerante está a levar por todo o estado as obras orixinais, canda a bosquexos e mesmo un vÃdeo no que se pode seguir o proceso creativo.
AÃnda que non derivados directamente do proxecto, mais si moi vencellados ao interese de Manuel Ramos pola obra, Linteo tirou do prelo dúas obras cervantinas máis. "TraducÃn ao galego o conto infantil `O pequeno Borges imaxina o Quixote´ e reeditei `Cervantes, compañeiro eterno´, un libro de ensaios de 1957 do ferrolán Santiago Montero DÃaz, que xa estaba descatalogado", recoñece o editor. Toda esta colección de produtos, incluÃda a propia edición de luxo do Quixote, está a conseguir un bo resultado editorial. "Tanto traballo compensa economicamente. Xa vendemos trinta exemplares, que non está mal para o tempo que levamos". Ademais, tanto a axenda coma o "Pequeno Quixote" conseguiron tirar varias edicións.
Polo momento, a pesar de que todo este proxecto naceu na Cidade das Burgas, aÃnda non chegou a Ourense a mostra que recolle todo traballo artÃstico desta edición. "Agardamos traela, xa a temos comprometida para a Casa de Galicia en Madrid para novembro e algunhas outras mostras para 2007 e 2008, pero queremos ver se hai algunha institución ou concello interesados". O mesmo aÃnda vemos o cabaleiro de volta por estas terras.
O Quixote de Linteo
Loucuras de don Quixote. Gravado.
O Quixote de Linteo.
Pinturas e Gravados de Ramón Pérez Carrió.

O Quixote de Linteo
Aventura dos batáns. Gravado.
O Quixote de Linteo.
Pinturas e Gravados de Ramón Pérez Carrió.

O Quixote de Linteo
A cabeza encantada. Óleo e incáustica.
O Quixote de Linteo.
Pinturas e Gravados de Ramón Pérez Carrió.

O Quixote de Linteo
Resurrección de Altisidora. Óleo e incáustica.
O Quixote de Linteo.
Pinturas e Gravados de Ramón Pérez Carrió.

O Quixote de Linteo
Historia do cativo namorado. Gravado
O Quixote de Linteo.
Pinturas e Gravados de Ramón Pérez Carrió.

O Quixote de Linteo
A Arcadia finxida. Gravado
O Quixote de Linteo.
Pinturas e Gravados de Ramón Pérez Carrió.