Aos poucos, o concepto Voz Natura vaise implantando no imaxinario galego. Para alén das páxinas de "La Voz de Galicia", nalgunha ocasión encontramos nun paraxe natural, ou mesmo dentro dun colexio, un cartel que nos lembra a existencia deste proxecto. Unha vez ao ano, a celebración dunha grande festa leva á actualidade esta iniciativa. Mais, detrás destes eventos puntuais mantense un elaborado proxecto que desde hai xa case dez anos está a traballar por introducir a conciencia ecolóxica nas nosas escolas.
Naceu xa en 1997 desde a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, que fai parte da Corporación Voz de Galicia. "Voz Natura é un programa de educación ambiental", explícanos Nazareth Díaz, coordinadora deste programa. "Naceu polo interese da Corporación en protexer o medio e consideramos que para algo como isto o mellor era comezar desde a base e educar os máis novos. Entón quixemos organizar un programa educativo, no que participasen os nenos e que implicase os profesores". A partir destas premisas púxose en marcha unha convocatoria na que as escolas galegas poden optar ao apoio económico deste programa para desenvolver proxectos ambientais. Para decidir esta contribución, o proxecto conta cun comité científico no que participan persoeiros destacados coma Ramón Núñez, director dos Museos Científicos Coruñeses, Marcos Maldonado, da Casa das Ciencias, ou Fernando Garrido, da Asociación de Amigos da Casa da Ciencias, entre outros. Este comité puntúa cada un dos proxectos en función do seu interese, e segundo esta puntuación outórgase unha contía económica de apoio. "Nós colaboramos economicamente coa adquisición de material", sinala Nazareth.
Os participantes
Deste xeito, animados polos seus profesores, estudantes de todo o país, dos máis diversos ciclos, están a desenvolver desde hai anos todo tipo de proxectos relacionados co medio, convertendo esta iniciativa nunha das que máis persoas mobilizan no noso país arredor desta causa. No último curso foron un total 175 os proxectos escolares que se integraron no proxecto a facer propostas do máis variado, unha cifra que supón un incremento ininterrompido desde as 109 iniciativas do primeiro Voz Natura, en 1997. Segundo os datos da organización, isto supón que nos últimos nove anos arredor de 178.000 estudantes de todos os niveis participaron en actividades do certame, dos cales 27.500 fixérono nesta última edición.
Axentes ambientais
"Os colexios presentan proxectos que van deste a limpeza e recuperación do medio á reciclaxe, reforestación, actividades de investigación ou de divulgación, aforro de enerxía..." sinala Nazareth Díaz. "Cada ano os proxectos son máis multidisciplinares. Un centro non se especializa en reciclaxe, plantacións ou educación contra os incendios, senón que trata todas as cuestións ambientais. Por exemplo, poden facer a limpeza dunha praia, logo reciclar ese lixo e mais adiante organizar unha plantación ou proxectos de educación". Á hora de apoiar un proxecto, valórase especialmente a súa continuidade no tempo, o que permite en ocasións que un colexio se converta nun auténtico axente ambiental dunha zona concreta. "Ademais, estas propostas adoitan ter un efecto arrastre cara a persoas de fóra dos colexios e consigue involucrar os pais e mesmo as autoridades locais", asegura a coordinadora do evento.
Premios
Ao longo do ano, os membros do comité van facendo unha avaliación continua dos proxectos que participan en Voz Natura, visitando os centros ou achegando asesoramento técnico. Ao finalizar o curso selecciónanse os mellores proxectos para lles entregar os premios anuais. Un premio galego, catro provinciais e as categorías especiais ao mellor proxecto infantil, o grupo máis entusiasta, a iniciativa máis orixinal e a mellor exposición son os cobizados galardóns cos que o certame recoñece o traballo do alumnado galego.
A festa verde
Unha multitudinaria festa reúne ao final de cada curso os participantes. Desta volta foron case trinta mil o asistentes ao parque de Acea de Ama, en Culleredo, á celebración que se fixo o sábado tres de xuño, case a coincidir co Día do Medio. Desta volta foi o CEIP Ría de Vigo o que recibiu o premio galego. O seu proxecto "De mar a terra, de terra a mar. ¡Un mar de saberes!" involucrou cento oitenta alumnos de entre tres e doce anos en toda unha serie de actividades arredor do medio costeiro. Limpeza de praias, coleccións de flora e funa mariña, inventario de vertidos, unha aula da natureza, actividades de reciclaxe e ata un bosque escolar completaron este proxecto. A nivel provincial galardoouse a catalogación das fontes do Val de Lemos en Lugo, un viveiro para reforestación na Coruña, un proxecto de educación, reforestación e reciclaxe en Ourense e mais a posta en marcha dun servizo de ecovixilantes en bicicleta en Pontevedra. Os máis entusiastas foron os estudantes do Colexio Rural Agrupado de Ponteareas-A Picaraña, polo proxecto "Uma e Xinzo, Fillos do Tea, Veas da Terra". Canda a eles, o colexio Santa Xoana de Lestonnac, de Ferrol, levaron o premio ao proxecto máis orixinal polo seu "Estudo da contaminación atmosférica asociada aos medios de transporte na área de Ferrol".
Un centro de exemplo
A directora deste centro, Ana María Besada, explícanos o proceso da súa participación en Voz Natura. "Dentro dos obxectivos do curso tiñamos o apoio ao medio como un obxectivo e un valor transversal no que queremos educar. Entón isto era unha maneira de implicar e coordinar a xente de distintos tipos nun proxecto", sinala. Neste centro en concreto, o traballo de análise da contaminación en Ferrol implicou alumnos que ían desde a Educación Infantil ata cuarto de ESO, tocando materias tan dispares coma a Estatística ou a Química. "Baseouse principalmente en realizar cuestionarios ás familias para coñecer datos. Logo fixéronse experimentos de análises de contaminación atmosférica en Ferrol. Despois algúns rapaces visitaron a ITV para ver que tipo de combustible é mais contaminante. Finalmente, os da ESO recolleron e analizaron os cuestionarios enviados ás familias sobre o transporte e logo tratáronos estatisticamente". No centro aseguran que quedaron moi satisfeitos deste primeiro ano de participación, e anuncian a súa intención de darlle continuidade a este proxecto o vindeiro ano.
De feito, xa poden irse apuntando á vindeira edición, coa que este proxecto cumpre unha década. Desde a organización anuncian abondosas novidades para celebrar este aniversario, a primeira das cales xa se deu a coñecer na festa de Culleredo a pasada fin de semana. "Terri", a mascota da iniciativa, fixo alí a súa presentación oficial. Para alén das novas, está previsto seguir ampliando o alcance da iniciativa e a cantidade de alumnos implicados. A facer das nosas escolas auténticos laboratorios ambientais.