A Fundación La Caixa trae a cultura chinesa a través da súa porcelana

Desde a China

O auditorio de Galicia loce ata o videiro 15 de abril a mellor porcelana. Dentro da exposición "China, ceo e terra" a famosa porcelana china servirá como reflexo da arte chinesa en cada unha das súas etapas históricas. Unha exposición que trae a Fundación La Caixa dende o museo Guimert de París. E outra Fundación, A Granell, trae a Bendaña unha exhibición de óleos e acrílicos do renovado pintor coruñés Pedro Muíño.


Unha cultura en porcelana





A través de 200 pezas, estructuradas en diferentes apartados "O Neolítico", "A Idade do Bronce" , "O nacemento do Imperio" , "A Idade de Ouro dos Tang, os Song ou a emerxencia do mundo moderno", "O explendor dos Ming, Os Quing o máis extenso dos Imperios" , ata "O Estudio dos letrados", a exposición "China ceo e terra" amosará a evolución estética e histórica da civilización chinesa. Unha exposición que segundo o comisario da mostra Jean Paul Desroches, "pretende abrir unha fiestra ó horizonte para entender o que foi e o que é China". A mostra, que está organizada pola Fundación La Caixa e o propio Auditorio de Galicia, exhibe porcelana, pezas de bronce e cerámica que proceden, na súa maior parte do Museo Guimert de París, que posúe unha ampla colección da arte chinesa.













Novos ritmos de Pedro Muíño



Cansado do seu estilo figurativo e simbolista o pintor Pedro Muíño cambiou Coruña por Madrid onde renovou o seu estilo. Froito deste cambio Muíño volve a Compostela para amosar a súa nova obra. E faio cunha trintena de óleas marcados por un forte cromatismo, suaves liñas cargadas de conceptualismo. A súa obra que se poderá ver no Pazo de Bendaña permanecerá aberta ata o vindeiro trinta de abril.