Novas experiencias e espacios para a expresión poética chegan ó outono

Novas formas para as palabras

Un cartafol de varios poetas ilustrado polo pintor Luis Caruncho e un recital das obras de catro poetas suicidas supoñen as máis novidosas iniciativas poéticas deste outono. Onda elas atopamos a apertura dun novo espacio para a creación literaria no Liceo Ourensán.



Cartafol de poesía




Miguel Anxo Fernán-Vello, Pilar Pallarés, Ramiro Fonte, Manuel Rivas, Xavier Seoane e Xulio López Varcálcel poñen a palabra e o pintor Luis Caruncho a imaxe no cartafol "Vidrieiras de Compostela" que vén de editar a Universidade de Santiago nunha edición limitada.
O cartafol foi editado nunha serie de cen exemplares dos que setenta e cinco levan numeración normal, quince teñen numeración romana e os restantes son probas de artista. As ilustracións do pintor para a obra foron serigrafiados e carburados, e cada un deles ten por riba pintura realizada directamente polo autor, o que constitúe cada exemplar nunha peza única. Caruncho sinalou que a obra responde ó esquema dunha vidrieira formadas por tres elementos en grupos de tres.












Club de poetas suicidas

A poeta Ana Romaní ofrecerá hoxe no clube de jazz Dado Dadá de Compostela un recital baixo o título "Catro poetas suicidas. Intervención poética contra a levidade". O acto, que conta coa producción do Laboratorio de Indagacións Poéticas, achegará ó público os poemas de Marina Tsvietaieva, Florbela Espanca, Sylvia Plath e Anne Sexton, combinadas con narracións sobre os últimos intres das súas vidas. Este espectáculo, que foi presentado o pasado mes de outubro en Ferrol, mestura así a poesía e a técnica de contacontos, e naceu dunha proposta do actor e contacontos Carlos Blanco. Seguno Romaní, esta iniciativa pretende facer chegar a palabra "espida completamente" ó público e crear "unha sensación de impacto, de conmoción", ó tempo que fai pensar.



Novos espacios
O Liceo Ourensán vén de pór en marcha a súa Sección de Literatura que, baixo a presidencia do escritor Márcos Valcárcel, pretende coordinar calquera actividade relacionada co mundo dos libros que se celebre desde esta institución.
Así, segundo os seus promotores, preténdese "atender a calquera aactividadae relacionada coa creación en galgo ene castelán" como poden ser "presentacións de libros, coloquios e faladoiros literarios, obradoiros de literatura, encontros e xornadas monográficas sobre temas relacionados coas letras, visitas a Casas-Museo de Escritore, debates e intervencións de todo tipo".
As primieras actividades que organizará esta sección será unha conferencia sobre Eduardo Blanco-Amor e unha exposición sobre Otero Pedrayo á que seguirán recitais e conferencias sobre este escritor. Ó longo da semana haberá ademais recitais e un concerto da Banda de música.
Esta sección nace coa intención de ocupar o lugar do desaparecido Clube Alexandre Bóveda e de dinamizar a vida literaria da cidade.