Os blogs son moito máis que un fenómeno social do que se está a falar moito. Tamén son un dos múltiples indicadores de que se está a producir un cambio de mentalidade. Segundo o sociólogo Fernando Garrido, estamos a pasar dunha sociedade de escépticos a unha máis tecnoloxizada. A evolución é inevitable pero está chea de atrancos estructurais e sociais.
O Consello da Cultura Galega organizou a semana pasada unhas xornadas para facer un estado da cuestión sobre o fenómeno blog en Galicia. Ata o salón de actos do Consello se desprazou unha gran núcleo de persoas cun perfil moi diferente pero que comparten unha caracterÃstica común: son os usuarios máis activos da internet no noso paÃs. Son o que o sociólogo e membro de Cibersociedade, Fernando Garrido, clasificou como early-adopters, “é dicir, xente cun poder adquisitivo aceptable que busca na tecnoloxÃa para a construción dun valor utópico”. Fernando aproveita un modelo feito por More, un estudoso de marketing, que diferencia a sociedade en cinco tipos en función de como vai adoptando a tecnoloxÃa. Segundo a clasificación de More dun lado están “os innovadores” (xente que mercan a tecnoloxÃa pola tecnoloxÃa e están ao último dos aparellos tecnolóxicos) e os “early-adopters”. Despois está o abismo, que é o que marca a barreira entre a tecnoloxÃa que trunfa e a que non que separa os early-adopters dos pragmatistas. Estes son os que non usan unha tecnoloxÃa ata que non lle ven unha utilidade e, por último, os conservadores son o grupo que usa unha tecnoloxÃa cando xa está probada polo mercado. Segundo Fernando Garrido neste momento Galicia está na fase dos early-adopters e estamos nunha fase de cambio.
Camiño da actividade
Para Fernando Garrido os blogs son importantes porque supoñen un cambio de paradigma á hora de concibir a rede como un elemento activo. “Non creo, explica Garrido, que os blogs sexan os máis importantes como modelo comunicativo, senón porque marcan un cambio de paradigma. De feito, hoxe falamos de blogs pero no futuro falaremos doutro tipo de plataformas que seguen a liña de que a xente produce contidos. O que nos saÃa noutros estudos do noso marco teórico é que cremos que se pode medir o grado de sofisticación dunha sociedade en relación á sociedade da información, co cambio de concepción pasiva, dunha xente que só consume e recibe, a unha activa na que a xente xa produce contido. Isto parece que é o que se está a dar na sociedade galega”.
A barreira tecnolóxica
Pero o grupo que estaba en Compostela a semana pasada era un sector emerxente, unha pequena parte do conxunto social. Ese pequeno grupo que ve unha utilidade na tecnoloxÃa e aos que poucas veces se refiren os indicadores da Sociedade da Información. Por poñer unhas cifras, o Instituto Nacional de EstatÃstica cuantifica que nun 46% das vivendas hai un computador. O 25,41% desas vivendas ten acceso a internet e só o 16% das conexións é de banda ancha. Números que sitúan a Galicia á cola da Sociedade da Información no Estado e, por ende, de toda a Unión Europea. A dispersión poboacional, o envellecemento e o emprazamento da xente no rural condiciona boa parte desas cifras. Nunha entrevista que Culturagalega.org lle fixo ao Director Xeral de Comunicacón Audiovisual, Manuel Fernández, cuxo departamento ten competencias en materia de infraestruturas tecnolóxicas, apuntaba que nun horizonte próximo, no 2008, “haberá banda ancha nos núcleos de poboación con máis de 500 unidades inmobiliarias”. Xunto con esta promesa, están todas as liñas de axudas para a mercar ordenadores (tanto da Xunta, como da Universidade) que pretenden mellorar os indicadores tecnolóxicos. De momento, apréciase un tÃmido avance nos últimos catro anos
A barreira social
A tecnoloxÃa pola tecnoloxÃa non serve de nada, por iso Fernando Garrido apunta que “cómpre traballar sobre os usos, sobre a imaxe que a xente percibe da tecnoloxÃa para mellorar a situación actual”. Na última enquisa do INE (relativa ao segundo semestre de 2005) os galegos enquisados dicÃan que non teñen rede na súa casa porque non o precisan (63%), ou porque non teñen coñecementos técnicos para usalos (38%) ou que non usa a rede porque a conexión custa demasiado (23.38%). Para Fernando “as polÃticas para dotar á xente de tecnoloxÃa están moi ben, pero deben ir acompañadas dun proxecto que lle dea sentido e uso a eses aparellos que a xente merca cada vez con máis frecuencia”. Desde o goberno estanse a destinar cartos para campañas de sensibilización e formación para mellorar esa situación (cousa que se tamén se aprecian nos estudos, sobre todo nos do INE, nos que Galicia está entre as cinco primeiras comunidades nas que os usuarios afirman ter recibido cursos de formación nos últimos meses).
Neste traballo aÃnda queda moito por facer, pero os primeiros resultados comezan a apreciarse. Primeiro foi a explosión de páxinas web, despois chegaron os blogs e pronto aparecerán outros fenómenos que esixen cada vez máis participación por parte dos usuarios e que evidencian ese cambio da sociedade. O que está claro é que a sociedade galega comeza a espertar do seu letargo tecnolóxico e abrirse ás posibilidades da chamada Sociedade da Información. Como apunta Fernando Garrido “cando a xente lle atopa utilidade á tecnoloxÃa é cando a cousa arrinca”.