As obras de Colmeiro, Souto, Laxeiro, Seoane e Maside, ou o que é o mesmo, os renovadores da plástica galega chegan á Coruña este venres da man da Fundación de Caixa Galicia. E onte uns trinta artistas galegos rendiron unha homenaxe ó poeta Manuel LuÃs Acuña no Museo do Pobo Galego en Compostela.
Renovación
Dende mañá, venres ata o próximo 15 de abril a sala de exposicións da Fundación Caixa Galicia acollerá unha mostra monográfica sobre a obra dos "renovadores". Un grupo de artistas coñecidos como os creadores e artÃfices da renovación do movemento plástico galego. A mostra está composta por un total de 35 cadros formado basicamente por Colmeiro, Souto, Laxeiro, Seoane e Maside.
A colección Caixa Galicia xordeu no ano 1996 como unha iniciativa que impulsa o coleccionismo corporativo e crear unha colección de carácter propio.
Homenaxe pictórica
Este ano conmemórase o centenario do poeta ourensán Manuel LuÃs Acuña. Por eso, unha trintena de artistas de tres xeracións, entre as que destaca a obra de Seoane, Quessada ou Sucasas, réndenlle unha homenaxe. Unha mostra que se poderá ver no Museo do Pobo Galego ata o vindeiro 3 de marzo e que dá continuación á mostra xa inaugurada no Edificio Simeón de Ourense.
Nesta homenaxe preténdese destacar a importancia do intelectual ourensán impulsor da renovación pedagóxica ademais de ser un activo xornalista.