O CGAC comeza a temporada cunha retrospectiva de Stephan Balkenhol

Ars figurativa

Co ano novo o Centro Galego de Arte Contemporáneo comeza a actual temporada expositiva. E faino presentando dende hoxe, ata o 15 de abril unha retrospectiva adicada a Stephan Balkenhol. Un escultor figurativo que combina na súa obra pasado e presente.


Retrospectiva




74 esculturas e relieves, 100 fotografías e 90 debuxos compoñen as 264 pezas que farán un repaso retrospectivo sobre a obra figurativa de Stephan Balkenhol. Unha mostra que comeza nos oitenta na que se adentra no figurativo com un campo de expresión innovador, reflictido en figuras de homes, mulleres, leóns... dialogando co entorno. Un estilo que continúa nos noventa adentrándose no contronor e no ambiente que a rodea. Unha produccción que oscila entre parellas de opostos: entre o pasado, con influencias da arte clásica, medieval ou renacentista; e o presente na vestimenta das súa figuras; entre o orgánico e o estático, o individualismo de cada figura e o estandarizado nas diferentes representacións. Unha iconografía que se amosará por primeira vez no noso país.












Stephan Balkenhol



Nado en Friztlar (Alemaña, 1957), Balkehnhol estivo moi influenciado pola obra de Ulrich Rückriem, con quen traballaría primeiro como estudiante e logo como axudante. Así, ata que en 1983 recibíu unha bolsa da Fundación Karl-Shumidt-Rottluff que lle daría paso a exercer a docencia en diversas universidades. Na actualidade ocupa, dende 1992, unha cátedra na Akademie für Bildende en Karlsruhe.