Alberto Vázquez, Vanesa Durán e José Domingo Domínguez estrean web, mentres abre o blog da Libraría Zónula Catro e entrevistan a Tirso Cons

¡Redada!: Cada día somos máis

O web continúa a ferver de BD Galega. Cando acaba de saír à rúa o seu "Psiconautas", Alberto Vázquez presenta a súa propia páxina web. Canda a el, temos novas do blog de Vanesa Durán, onde se poden ver algúns dos seus traballos de ilustración e BD. Tamén abre blog José Domingo Domínguez, habitual colaborador de "Barsowia", e a compostelá Zónula Catro súmase as librarías do noso país que contan co seu propio espazo na rede. Case nada. Ao tempo, pódese ler unha ampla entrevista a Tirso Cons, en inglés, dentro do blog "Character Design"

Web de Alberto Vázquez;
blog de Vanesa Durán; blog de José Domingo Domínguez; blog de Zónula Catro; entrevista a Tirso Cons