Os automóbiles na arte entran no Centro Galego de Arte Contemporánea

Motor CGAC

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

Os coches na arte, no cinema, na publicidade e no propio deseño son o obxectivo da mostra que dende hoxe, e ata o 25 de febreiro se poderá ver no Centro Galego de Arte Contemporánea. Unha mostra que trae a Compostela a Fundación Edurado Barreiros e a Fundación Carlos de Amberes.

Garaxe nun primeiro andar


A exposición "Garaxe: imaxes do automóbil na pintura española do século XX" chega a Compostela logo de exhibirse na Fundación Eduardo Barreiros, que se adica ó estudio e á investigación do deseño industrial e en, especial do automóbil. Esta exposición fai un percorrido sobre a evolución da industria automobilística e a súa influencia dende a pintura ata o cinema. Unha exposición estructurada en tres momentos cronolóxicos: dende principios de século ata 1950, de 1950 a finais da década dos setenta e das dúas últimas décadas. Francisco Iturrino, Joaquín Torres-García, Salvador Dalín, Antoni Tàpies, Perejaume e Ferrán García Sevilla son algúns dos autores que forman parte da mostra.




Autos sociais

A industria automobilística marcou, dende os seus inicios unha época un emblema. Dende a súa producción unitaria ata a popularización e a creación en serie, convertindo os automóbiles nun icono da modernización e do progreso. O coche foise convertendo, pouco a pouco, nun documento histórico marca do progreso e da evolución social que del deriva como punto de inspiración. A a fotografía, a pintura, a escultura e o propio deseño do vehículo en si constituiron sempre un referente artístico dentro da sociedade actual.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Barreiros, Fotografía, Sevilla...