Foi unha das iconas do existencialismo francés e unha da mellores actrices da Francia do século XX a onde se exiliou moi nova. Hai dez anos que morreu, pero María Casares está máis viva que nunca. A localidade francesa de La Vergne, onde María pasaba longas temporadas, honra a súa memoria reconvertendo a súa casa nun espazo para os amantes do teatro.
La Maison des Comidiens é o nome co que os habitantes de La Vergne (Charente, Poitou-Charentes) queren honrar á famosa actriz galega (aínda que eles consideran que é francesa dado que viviu no país galo moitos máis anos que en Galicia). É o nome que terá a residencia teatral que ten prevista a súa inauguración para os meses de xuño e xullo deste 2006, cando se inauguren unha nova edición dos encontros teatrais que se organizan desde 1999.
A casa
Cando María morreu en 1996, legou ao pobo a súa casa na que acudía a escribir, a pensar e a pasear. E este é o espírito que quixeron recuperar os veciños do lugar convertendo a súa casa nun espazo ao que acuda a xente do teatro a pensar, madurar e ensaiar a súas obras. Segundo figura na propia páxina web, non é un museo, nin un festival, nin unha escola permanente senón un lugar de vida e de traballo aberto cada ano no que o comediante toma o seu tempo para experimentar, renovarse, repartirse ou transmitirse.
A casa inaugurarase oficialmente este verán e contará coa presenza do ministro de cultura francés e unha das tres entidades que fixeron posible o proxecto: as autoridades nacionais, locais e europeas. Todos eles sufragaron a reconversión da casa familiar de María Casares nun lugar ao que poderán asistir os comediantes e actores a pensar os seus proxectos, a ensaiar as súas obras e a pasar longas temporadas para inspirarse ou madurar obras teatrais.
Para conseguir o seu propósito era preciso reorganizar o espazo acorde co novo uso. As obras iniciáronse no 2005, cando remataron os quintos encontros teatrais, e pasaban por converter o grandeiro nun camerino e nun local técnico no que poder ensaiar. Na casa, a rehabilitación pretendía crear habitacións para unha vintena de actores, unha cociña, unha sala de traballo ben equipada con luz e son, lugares de lectura e unha vivenda para o rexedor. Ademais, a obra inclúe a creación dun escenario con capacidade para douscentos espectadores.
Os encontros
Todos os anos, desde 1999, as dúas ultimas semanas de xullo e a primeira de xullo, a casa natal de María Casares organiza uns encontros que perpetúen a memoria de María Casares. A idea tivo varios factores: o concello de Alloue, o seu alcalde Luciano Simonneau, a comunidade de Confolentais encargáronlle a Veronique Charrier (que foi durante moitos anos codirectora do afamado Festival de Teatro de Avignon) que estudou o proxecto. Desa idea inicial constituíuse unha asociación (o 19 de outubro de 1999) que é a encargada de promover e organizar os encontros.
En Galicia
Cando se cumpren dez anos do pasamento da ilustre actriz galega, en Galicia celébrase unha nova edición dos premios que levan o seu nome. Trátase do certame máis importante do mundo do teatro que organiza a Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena. A gala de entrega dos premios aos candidatos terá lugar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o vindeiro 28 de marzo. Lino Braxe, director do evento explica que quería facer unha cousa como os anos cincuenta, como se tratase dun programa de radio en directo e que tivese as típicas actuacións daquela época. Sería recrear o ambiente no que viviu e medrou María Casares, que estará presente en toda a gala a través dun bucle con fotos súas que son propiedade de Lino Braxe. Hai anos que estou obsesionado con esta señora e sempre me fascinou o seu mundo, por iso será omnipresente en todo o evento.
A Consellaría de Cultura tamén se sumará as actividades de homenaxe desta actriz, pero desde o gabinete de prensa non poden confirmar nin as datas nin o programa dado que este non está pechado. Pola súa banda, o Consello da Cultura Galega achegarase a María Casares a través do Álbum de mulleres que publica en Culturagalega.org, e que achegará o perfil biográfico e profesional da actriz galega máis importante de todos os tempos.