Trinta, Ad Hoc e Marisa Marimón estarán na edición de ARCO 2001

No ARCO´01

Se hai unha cita ineludible coa arte, esa é a Feira Internacional da Arte, Arco 2001 que este ano se celebra do 14 ó 19 de febreiro do 2001. A mellor galería das últimas novidades da arte que este ano está adicada a Gran Bretaña. Un espacio que leva a Madrid a Marisa Marimón, Trinta, Ad Hoc, a Fundación Caixa Galicia, o Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa (MCUF) o Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) e a unha trintena de artistas.



Galerías




"Trinta" de Santiago, "Ad Hoc" de Vigo e "Marisa Marimón" de Ourense son as nosas galerías que este ano expoñen as súas coleccións en ARCO 2001. A representación é menor que a do ano pasado, xa que este ano a representación redúcese a tres galerías ("VGO" e "SCQ" non estarán este ano). Un feito que supón unha reducción en número, xeneralizado a moitas galerías que estiveron o ano pasado, pero non un descenso na cualidade das obras expostas. ARCO é unha feira de galerías que conta cun número de participación limitado e fixo (250 stands, entre os que se han de atopan nove galerías españolas, dez estranxeiras, cinco das galerías históricas e dez directores de centros, entre os que está Miguel Fernández Cid, director do Centro Galego de Arte Contemporánea, que tamén é membro do comité organizador). O criterio de selección de ARCO atende á calidade dos seus programas, o grado de difusión dos seus artistas ademais do labor promocional e profesional que desenvolven.












Fundacións




"A Fundación Caixa Galicia", o "Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa" ( MCUF) e o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) son os tres centros que expoñerán as súas coleccións. O Museo da Unión Fenosa, que o ano pasado recibiu o "Premio ó Coleccionismo Corporativo" da Asociación de Amigos de ARCO, levará á feira as obras de nove artistas pertencentes ó fondos do propio museo. Fondos nos que destaca a obra de Susana Solano e Mario Fernández, xunto os que aparece a obra de Cosé Carlos Barros, Vicente Blanco, Juan Genovés, José Luis Pastor, Manolo Paz, Manolo Quejido e Verbis. O museo de Arte Contemporáneo de Unión Fenosa aproveitará a súa presencia para difundir as bases da VII Mostra Unión Fenosa que está previsto que se celebre este verán.







E nesta edición



A edición 2001 de ARCO, que se celebra do 14 ó 19 de febreiro celebra un especial sobre Gran Bretaña. Unha ollada que pretende analizar a presencia británica e a súa influencia na esfera internacionaol. Por iso ARCO´01 presenta unha exposición comisariada, un programa teórico (con conferencias) e un programa expositivo paralelo en diferentes centros de toda España. Dentro do programa amosará un proxecto inédito coa presencia conxunta de galerías e organizacións artísticas, e as seccións Cutting Edge e Project Rooms, con marcas que traspasaron as nosas fronteiras. Unha proxección á que se lle engade unha nova sección que estará protagonizada pola escultura, na súa concepción máis pura como intervención en espacios públicos urbanos,.