Arredor dun dous por cento da poboación resulta ser superdotado. Este Ãndice mantense tamén en Galicia, onde nos últimos sete anos se detectaron máis de seiscentos alumnos e alumnas con altas capacidades. Enfrontados en moitas ocasións á incomprensión dos seus compañeiros de escola, dos pais e mesmo dos profesores, este sector da infancia precisa dunha atención particular que non sempre acadan.
Olga DÃaz é unha das maiores especialistas no estudo das altas capacidades no noso paÃs. Directora da Unidade de Estudo e Investigación en Superdotación da Universidade de Santiago, membro da Asociación de Altas Capacidades e directora da revista "Faisca", dedicada enteiramente a este tema, explÃcanos polo miúdo que é un superdotado. "Pódense identificar por unha serie de caracterÃsticas. Cando o neno ten catro anos descóbrese que ten unha aprendizaxe moi rápida, que desenvolve a lectura a unha idade moi temperá e case sen axuda, que manexa con soltura conceptos numéricos coma a suma ou resta, que teñen moi boa memoria ou que, no caso de haber algún tema que lle interese especialmente, tenta informarse e adquire moitos coñecementos sobre el. Unha creatividade elevada é outro indicio destes casos", sinala a psicóloga. Logo cómpre efectuar as probas de intelixencia para verificar estas capacidades. Segundo os datos da ConsellarÃa de Educación, falamos duns seiscentos casos que se detectaron nos últimos sete anos no paÃs. Claro que o fenómeno dáse con diferentes grados de desenvolvemento. "Moitas veces do que falamos é de talentos, non de superdotación. O superdotado é bo en todo. Se falamos de talento pode ser excepcional nunha única capacidade, simple ou complexa. Pode tratarse de matemáticas, lingua ou literatura, e estes casos danse con mais frecuencia", lembra DÃaz.
As opcións educativas
En canto ao sistema educativo, as peculiaridades destes rapaces e rapazas non son moitas veces enfrontadas de maneira axeitada polos seus educadores. "Un profesor encontra un neno superdotado e non sabe como reaccionar", sinala DÃaz. Permitirlles saltar cursos (ata tres, segundo a Lei), realizar adaptacións particulares para cada caso do currÃculo educativo ou concentrar os alumnos con estas peculiaridades en centros especiais son os tres vieiros aos que se opta, a nivel mundial, para enfrontar os casos de superdotados. Todas elas teñen, segundo DÃaz, inconvenientes. "O saltar curso estase empregando, pero non se pode dicir que sexa o mellor porque aÃnda que o neno a nivel intelectual teña coñecementos superiores, o seu desenvolvemento emocional é o propio da súa idade", sinala. "A adaptación curricular ten o problema de que esixe moita atención e traballo deseñala para cada neno, ver as diferentes materias que recibe e naquelas onde as teña superadas elaborar materiais especÃficos". En canto ao agrupamento en centros especiais, unha práctica que na actualidade non se desenvolve en España, esta psicóloga sinala que "non somos moi partidarios, xa que é illalos do seu contorno. Tamén noutros casos de educación especial se optou nalgún momento pola agrupación, e vendo que tiña máis prexuÃzos que beneficios acabaron integrándose no ensino".
A superdotación galega
Deste xeito, os superdotados galegos reciben educación nos centros de ensino habituais, que contan con asesoramento para tratar estes casos. "En Galicia hai un equipo en cada provincia cun especialista pero non dá abasto porque é unha soa persoa. Logo en cada centro os orientadores poden saber algo sobre o tema ou traballar en contacto co equipo especÃfico. Nalgúns centros fanse adaptacións curriculares", explica, e é bastante común optar porque o alumno salte cursos. A pesar das eivas de persoal especializado nestes casos ("na facultade de psicoloxÃa nin sequera existe unha materia especÃfica sobre a superdotación", lembra DÃaz), a situación en Galicia non é moi diferente á doutras zonas do contorno. "Nalgúns sitios están un pouco mellor. En Madrid por exemplo a propia Comunidade ten un programa de enriquecemento para quiñentos nenos".
Fóra das escolas
Para completar dalgún xeito o traballo dos centros educativos, vai xa para doce anos que se creou en Compostela a Asociación Española de Altas Capacidades (ASAC)". Este colectivo, no que participa a propia Olga DÃaz, desenvolve programas de enriquecemento para os alumnos e mesmo cursos para os pais. "Toda a xente que participa na asociacións ten nenos superdotados", sinala esta especialista. "No programa de enriquecemento, no que participan un cincuenta alumnos facemos actividades con contidos non escolares. Temos catro grupos desde os seis anos aos dezasete. Uns fan monicreques, os maiores están desenvolvendo o propio web da asociación e outros aprenden lingua de signos", apunta. De calquera xeito, "non se trata tanto da actividade en si, senón que é un vehÃculo para traballar outros aspectos. Hai un psicólogo para ver como se desenvolven os rapaces e traballar problemas emocionais". Para DÃaz, na actualidade existen grandes posibilidades de estimulación para os nenos fóra do sistema educativo que poden ser aproveitadas para estes casos. "Agora tes moitas opcións de actividades extraescolares, como música, pintura ou fotografÃa, que poden ser un bo xeito de enriquecemento".
Problemas comúns
Esta psicóloga quere desterrar a idea de que a superdotación implica unha infancia conflictiva. "Hai nenos que non teñen ningún tipo de problema e outros son máis problemáticos. Non teñen por que ter problemas se realmente entendemos que, como todos os nenos, son diferentes e os tratamos de xeito individual", destaca. Ademais "a superdotación non é algo estable. Se a persoa foi estimulada durante a súa infancia cando sexa adulto terán un coeficiente intelectual. Se tivo problemas na puberdade e mais na adolescencia pode seguir téndoos na idade adulta, coma calquera persoa", destaca.
Futuros
Para paliar as carencias do sistema educativo de cara a estes casos, esta psicóloga da USC destaca a necesidade de mellorar a formación do profesorado neste aspecto. "É moi importante que saiban entender a eses nenos. Tamén serÃa bo que se puidese facer a nivel de comunidade un programa de enriquecemento". De cara ao futuro das súas investigacións no tratamento da superdotación, DÃaz sinala que, a pesar de que carecen de moitos medios no seu equipo de traballo, teñen a intención de continuar co seu traballo. "Queremos pedir un proxecto sobre talentos matemáticos, que é unha liña que estamos a traballar xunto ao equipo especÃfico da Coruña con varios profesores". Aos poucos, vanse abrindo vieiros para eses nenos tan listos.