O Parque Tecnolóxico de Galicia saca a concurso a realización dun mural

O contrato prevé un orzamento de 42.350 euros para executar a obra, de 570 metros cadrados, sobre un depósito de auga

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Depósito de auga na Tecnópole de San Cibrao das Viñas

Depósito de auga na Tecnópole de San Cibrao das Viñas

Un total de 42.350 euros para o deseño e execución dun mural de arte urbana sobre un depósito de auga. Esta é a proposta que o Parque Tecnolóxico de Galicia saca a concurso para decorar este elemento que fai parte das instalacións da Tecnópole, a súa sede no concello de San Cibrao das Viñas.

Segundo indica a entidade, "a obra obxecto deste concurso é unha construción do ano 1992, realizada sobre formigón. Está integrada por un depósito duns 5 metros de altura e 24 metros de diámetro exterior; e un pilastre duns 25 metros de altura e 2,50 metros de diámetro. A superficie total a pintar estímase que é duns 570 metros cadrados. O mural debe incluír as dúas partes da estrutura, tanto o piar como o depósito".

Entre as condicións do concurso está que "a obra sexa visible desde fóra do Parque, que se poida apreciar a distancia" coa intención de achegar a sede á ciudadanía. Ademais as condicións do concurso procuran que a obra "reflicta algúns dos eixes fundamentais sobre os que se desenvolve Tecnópole, como son a tecnoloxía, a innovación e o talento; a divulgación; e a sostibilidade".

Que che parece esta nova?
110 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arte urbana, Tecnoloxía

Claves