Primicias e a arte nos automóbiles novidades do CGAC no 2001

Visións do 2001

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

Stephan Balkenhol inaugurará, o día 11 de xaneiro, a programación do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) para o 2001. Un ano que virá cargado de novidades nos que destaca unha exposición sobre a incoporación do automóbil a obra artística.

De entrada, Balkenhol


A primeira exposición achega por primeira vez en España a Stephan Balkenhol (Fritzlar, Alemania, 1957). Unha mostra que foi posible gracias á colaboración do IFA (Institut für Auslandsbeziehungen), de varias galerías e coleccionistas europeos ou do Museo de Arte Moderno de Francfort. Así, ata o 15 de abril se poderán ver en Compostela as pezas escultóricas recreadas por Balkenhol, así como diversas mostras fotográficas e de debuxo que foron para o artista un importante elemento auxiliar de traballo.




Primeiro trimestre

No primeiro cuarto do ano os automóbiles chegan ó CGAC para amosar a súa entrada na pintura española do S.XX. Unha mostra divididada en tres períodos cronolóxicos que compartirán espacio cunha retrospectiva de Vari Caramés (Ferrol, A Coruña, 1953). O trimestre remata coa exposición da escultura, pintura e arquitectura de Juan Navarro Baldeweg (Santander, 1939).




O resto do ano

A partires de abril chegarán a Compostela Peter Wüthrich (Berna, Suiza, 1962), Efrain Alemida (Céara, Brasil, 1964), Pamen Pereira (Ferrol, 1963), Jorge Castillo (Pontevedra, 1933) e Gillian Wearing (Birmingham, 1963) entre outros que amosarán novas tendencias dentro das diferentes disciplinas artísticas. Un ano no que destaca o intimismo e as abstraccións como fío de unión entre as diferentes obras de diferentes localidades e orixes.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Pamen Pereira, Peter Wüthrich, Vari Caramés...