O anteproxecto de César Portela, elexido para o Parque Atlántico

North Park

O Parque Atlántico de A Coruña xa ten un realizador. O anteproxecto do arquitecto Pontevedrés Cesar Portela foi seleccionado entre catro finalistas para deseñar a distribución deste parque, que terá máis de tres mil metros cadrados e se convertirá na maior área natural da cidade. Durante os próximos tres meses realizarase a redacción definitiva do proxecto.

O parque




O proxecto do Parque Atlántico, que pretende dotar á cidade dun grande pulmón verde, esixe a ordenación da área ocupada actualmente polo vertedoiro de Bens, o monte de San Pedro ata o polígono de Os Rosais e as zonas de O Portiño e Nostián, próximas á refinería. Xa están abertos ó público os 200.000 metros cadrados do monte de San Pedro. O orzamento para a realización do parque conta cun orzamento inicial de vintecinco millóns de pesetas.









O proxecto



O anteproxecto de Portela prevé que se cree un ascensos ata o cumio do monte de San Pedro, ademais da creación de museos dedicados ó estudio das bolboretas e os paxaros e a intervención do artista basco Agustín Ibarrola, que pintaría de cores os tanques da refinería. Portela tamén propón que se organicen paseos en barco pola costa de O Portiño. Portela define o seu proxecto como un intento de "conseguir a colonización dun territorio sen destruir a súa natureza".