A primeira vista, semella que na cultura galega, o elemento erótico está maiormente ausente. No entanto, existe toda unha serie de manifestacións, tanto na nosa cultura tradicional coma nas máis variadas expresión artÃsticas e sociais que amosan unha actividade continua e habitualmente inadvertida. Desde á literatura ás artes plásticas, pasando polo audiovisual ou a banda deseñada o erotismo continúa e penetra de xeitos novos na nosa sociedade.
Habitualmente considérase a sociedade tradicional como máis reservada e menos tendente a exteriorizar na conversa ou mesmo na arte as súas pulsións eróticas. A importancia que ata hai ben pouco tivo a relixión e a censura no noso paÃs deron nunha aparente represión das manifestacións deste tipo tamén na cultura moderna. Sen embargo, dun xeito ou doutro, a expresión dunha das necesidades máis básicas do ser humano encontrou unha e outra vez o seu oco na cultura. Desde as cantigas de escarnio e as tradicionais ata o ciberespazo, Galicia conta ao longo da Historia con curiosas e continuas manifestacións desta temática, aÃnda que a miúdo pasan desapercibidas no conxunto das manifestacións culturais.
A tradición erótica
Xa desde antigo existe unha incrible variedade de cantigas e de contos que teñen no sexo o seu eixe temático. Detrás de burlas e de historias de risas adivÃñase un complexo mundo de erotismo tradicional no que están presentes todo tipo de variantes sexuais. As historias de curas promiscuos, de vellas namoradas de mozos ou de mozas que perden gustosas a honra amósanse cheas de sutilezas ou do xeito máis cru. En 2004 Xerais presentaba co tÃtulo de "Contos colorados. Narracións eróticas de tradición oral" unha boa mostra do que a nosa literatura tradicional deu neste sentido. Tamén grupos tradicionais coma A Quenlla achegan de xeito habitual nos seus repertorios unha selección deste tipo de cantigas.
A poesÃa quente
AÃnda que sen chegar a públicos masivos, a poesÃa é desde hai ben tempo un dos recunchos da cultura onde máis libremente campa o erotismo. A revolución da forma e do contido poético que supuxo a aparición de "Con pólvora e magnolias" de Méndez FerrÃn en 1976 ocupouse tamén deste campo, con textos coma "Posturas para copular en homenaxe". Este autor recuperou en 1992 a súa produción máis ardente nunha escolma de tÃtulo, precisamente, "Erótica". Logo del, a obra destacada de autores coma Miguel Anxo Fernán Vello ou Xela Arias, continuaron un camiño que tocaba o tema. Entre os poetas máis veteranos é Claudio RodrÃguez Fer un dos que máis cultivaron a temática, chegando mesmo a existir un estudo sobre a súa linguaxe, ("Por un vocabulario galego do sexo. A terminoloxÃa erótica de Claudio RodrÃguez Fer", Olga Novo, 1996). Foi posiblemente coa xeración poética dos anos noventa cando o erotismo acadou o seu maior esplendor. Autoras coma Lupe Gómez, (cos poemarios "PornografÃa" ou "Os teus dedos nas miñas bragas con regra") abordan a sexualidade de xeito reivindicativo e descarnado. Pola súa banda, outras coma Yolanda Castaño (con "Vivimos no ciclo das erofonÃas" ou "O libro da egoÃsta") achegan unha visión que se recrea no tema con máis sutileza e, no caso desta autora, fai del eixe temático central. Para os interesados no tema, existe unha "AntoloxÃa de poesÃa galega erótica e amatoria" que realizou en 1998 Xosé LuÃs Axeitos para Ediciós do Castro. AÃnda en 2004, Alberte Momán, gañaba o premio de poesÃa Francisco Añón co seu libro "Erótica", de tema obvio. Na actualidade máis estrita, está en marcha a convocatoria do primeiro premio de PoesÃa Erótica Illas Sisargas, que convoca a Asociación Caldeirón de Malpica, que amplÃa asà o seu xa acostumado recitado anual de poemas candentes.
Os intentos da narrativa
A pesar da abundancia relativa de erotismo que existe na nosa poesÃa, é curioso constatar a escasa presenza de narrativa erótica nas nosas letras. "Contos eróticos. Eles" e "Contos eróticos. Elas", dúas coleccións de relatos feitos para a ocasión e publicados por Xerais en 1990 son os máis coñecidos exemplos deste campo. Xurxo Borrazás con "Ser ou non", César Cunqueiro con "Beatum corpus" ou a "Memoria erótica" de Carlos Velo son outras das escasas tentativas do xénero. Paco MacÃas, de Edicións Positivas, sinala que a presenza do sexo nas nosas letras é "escasÃsima, ninguén é capaz de lembrar unha fornicación na literatura galega. Tirando a lÃrica medieval hai moi pouca cousa. Tamén é certo que poida que non haxa menos que noutras literaturas". Entre as causas que poden motivar esta escasa presenza sexual nas nosas letras, este editor apunta unha serie de posibilidades. "Ao mellor é porque no mercado manda o ensino, ou porque hai moito ex seminarista na literatura ou porque hai unha tendencia a non reflectir a vida diaria ou mesmo poida que haxa moita autorepresión". Nun intento por fomentar o xénero entre os nosos autores, este editor puña a andar o certame bianual "Narrativas Quentes". Este premio tira a luz con cada edición unha obra narrativa desta temática. "Infidelicidades" de Manuel Lourenzo, o finalista "XeografÃas" de Antón Castro ou (de novo) Alberte Momán con "O lobo da xente" foron os tÃtulos que chegaron ao prelo a partir desta iniciativa. Para o vindeiro mes de febreiro agárdase unha nova convocatoria, coa intención de publicar a obra no DÃa das Letras. "É un reto escribir sobre erotismo porque é un campo que todos controlamos algo e non enganas a ninguén. Se escribes sobre metafÃsica ou dos problemas do profesorado pódeche ser máis fácil convencer a xente", sinala MacÃas. Este editor asegura que no web de Edicións Positivas quere establecer un apartado de bibliografÃa erótica galega para os interesados na materia.
Artes plásticas
Outro ámbito tradicional para os contidos eróticos, mesmo nos momentos dunha maior censura, foron as Belas Artes. Os espidos e as representacións de escenas máis ou menos caldeadas baixo o veo da mitoloxÃa repetÃronse en todo occidente desde o Renacemento. A pesar das novas tendencias artÃsticas e de que a arte abandonase en grande medida a súa función representativa, o erotismo nunca desapareceu da arte. Mesmo na vangarda galega, é sinxelo encontrar exemplos deste tipo e son destacados os espidos de Isaac DÃaz Pardo, Francisco Llorens ou, de xeito especial, Arturo Souto no campo da pintura. Tamén outros pintores coma Isidoro Brocos, Laxeiro ou Tino GrandÃo abordaron a miúdo este tema, mentres Buciños e Cristino Mallo achegan a versión escultórica do erotismo. Neste sentido, a luguesa Luz Darriba puña a andar en 2003 unha iniciativa pioneira no noso paÃs, "Erotizarte". Era esta unha exposición temática na que se reunÃan traballos de autores galegos e sudamericanos que, dentro das máis variadas temáticas, tiñan en común o seu interese pola representación artÃstica do mundo do sexo. Dentro do panorama máis actual, podemos mencionar a Roberto González Fernández, un autor de debuxo hiperrealista que está a expor actualmente na en Espazo 48, en Compostela. Tamén na actualidade comezan a agromar exemplos de arte explicitamente homoerótica, de xeito especial no campo da fotografÃa, con nomes coma Alex Mene. Como antecedente a estes artistas temos as coñecidas fotografÃas eróticas de Eduardo Blanco Amor, un legado de corenta anos de instantáneas temáticas que publicou Galaxia en 2004 baixo o tÃtulo "A ollada do desexo".
Audiovisual
Pode resultar curioso que, mentres o audiovisual español abonda en contidos e escenas de tipo erótico, mesmo en producións centradas noutras temáticas, polo momento o audiovisual galego non semella seguir a mesma tendencia. E se xa non se insiren secuencias máis ou menos tórridas nos filmes ou series, evidentemente non podemos falar de producións especificamente eróticas no noso panorama. Contrasta con isto o feito de que unha das máis importantes produtoras españolas de cine pornográfico, Papillón Films, ten en Cambre a súa sede central. Papillón, segundo asegura no seu web, leva máis de vinte anos producindo pelÃculas e outros contidos eróticos e conta cun catálogo de 1.500 tÃtulos.
Erotismo nos cadriños
Un campo no que curiosamente un autor do noso paÃs destaca fóra das fronteiras con contidos abertamente pornográficos é na banda deseñada. O vigués Norberto Fernández (coñecido por participar na revista infantil "Golfiño") leva uns sete anos a colaborar asiduamente en publicacións españolas coma "Eros Cómix", "Penthouse Cómix" ou "El VÃbora", e mesmo chegou a ver publicado no ano 2004 "El caballero despollado" un álbum de sesenta e catro páxinas que narra as aventuras sexuais dun cabaleiro andante. "Teño o material para tres álbums xa editado en formato serie, que veremos se son recompilados. Agora estou a facer unha serie titulada "Erika" que son historias autoconclusivas dunha rapaza gótica", apunta. Para Fernández, "á hora de abrirse camiño como profesional sen saÃr do Estado este é un dos camiños máis viables economicamente, pero para min desde logo non é un traballo alimenticio, o xénero gústame e interésame", explica. Sobre por qué é o seu un caso único no noso paÃs sinala que posiblemente outros autores "ou non lles interesa ou non tiveron a oportunidade de que alguén lles propuxese dedicarse a isto". Canda a el, e desde un rexistro máis intimista e poético, pódese considerar que as historias do álbum "Tanxencias", de Miguelanxo Prado, tocan tamén este campo.
Internet e industria
Polo momento, non se pode dicir que Galicia conte cunha industria de contidos eróticos ou pornográficos destacados. AÃnda que as sex-shops, os restaurantes eróticos e outro tipo de iniciativas deste tipo comezan a ser habituais nas nosas cidades, non existe un sector consolidado neste campo. A chegada de Internet, evidentemente, foi un impulso para propostas comerciais (e tamén amateurs) deste tipo. En 2000, a empresa Dinaweb deu un paso adiante e, canda a presentación do seu extinto portal U-lo.com, tiraba á rede pornonaburrirse.com, o primeiro portal pornográfico galego (e en galego) que tamén desapareceu do ciberespazo. Tamén na rede nacÃa en 2001, desde Vieiros, a iniciativa "Necesariamente X". O autor Camilo Franco escribÃa, a partir dunha fotografÃa erótica ou pornográfica enviada polos lectores, un relato "non necesariamente erótico". Deste xeito, quince imaxes deron pé a outros tantos textos literarios. Tamén é na rede onde se está a desenvolver aÃnda o blog VSQN, pioneiro no noso paÃs en se cinguir a esta temática e onde a súa misteriosa autora debulla unha sexualidade explÃcita e literaturizada. En canto a publicacións, os anuncios de contactos constitúen o eixe sobre o que se construÃu "Galicia Erótica", esta publicación periódica, mantense desde hai anos en solitario como a única publicación especializada neste campo feita no pa, mantendo en paralelo un web temático.
Futuros
Posiblemente, o lugar máis axeitado para pórse ao dÃa nas iniciativas deste tipo que se desenvolven no noso paÃs sexa o SEDA, Salón de Erotismo do Atlántico, que celebrará a finais de marzo a súa primeira edición en VilagarcÃa. Este evento achegará ás RÃas Baixas as últimas novas no panorama internacional neste campo, coa intención de ser o segundo salón en importancia a nivel estatal despois do que se celebra en Barcelona. Para alén de cuestións máis ou menos industriais, semella que en xeral vaise afianzando a tendencia a incluÃr na nosa cultura e na arte os elementos máis carnais da vida. Iremos vendo o que nos achega o futuro, aÃnda que sexa a través o ollo da pechadura.