O Museo do Pobo Galego recupera a historia do gravado

Gravar na historia

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

Setenta pezas de diferente orixe compoñen a mostra "Iconografía xacobea no gravado compostelán" que, dende onte, se poderá ver no Museo do Pobo Galego. Unha exposición que organiza o propio museo en colaboración coa Consellería de Cultura.

Orixe diversa

As setenta obras que se exhiben na mostra recollen o traballo de Bouza-Brey, parte do fondo de Antonio Fraguas e do Museo de Pontevedra, unha diversa procencia que pretende recoller a historia do gravado comprendido entre o século XVI e o XIX. A mostra complétase coa probas documentais (artigos e monografías) que ofrecen unha visión máis completa sobre a historia do gravado no noso país, dende a súa primeira aparición ata a súa evolución.




Historia

Os obxectos exhibidos na exposición gozan, ademais do seu valor como gravado, dun importante carácter documentalístico. Neste sentido, todo aquel que se achegue ata o museo do pobo galego poderá apreciar unha bula do Hospital Real, o actual Hostal dos Reis Católicos, de 1503, así como un documento do colexio de Santiago de Dublín. A partires de 1601 os gravados créanse en Galicia, trala aparición da primeira imprenta.
Ademais, a mostra exhibe a iconografía referida ó apóstolo Santiago e todo o referente ó culto xacobeo.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo do Pobo Galego, Consellería de Cultura, Antonio Fraguas, Reis Católicos...