O soño dunha noite de San Xoán (Dygra) e Gisaku(Fílmax e Bren) son dúas producións galegas e únicas rivais na categoría de mellor longametraxe de animación para a XX edición dos Premios Goya. Unha edición na que Obaba de Montxo Armendáriz se ergue como favorita con dez candidaturas entre as que figura mellor película, mellor director e mellor actor revelación. Séguelle Princesas de Fernando León, con nove candidaturas e Ninette de Jose Luís Garci con seis. As coproducións das principais empresas do noso país optan a numerosas estatuíñas. De Continental figuran Para que non me esquezas, candidata a actriz protagonista (Emma Vilarasau), actriz de reparto (Marta Etura) e dirección artística; Un rei na Habana a mellores efectos especiais; e Heroína a mellor actriz protagonista (Adriana Ozores) que interpetaba o papel de Carme Avendaño na súa loita contra o narcotráfico. Por outra banda, Camarón, na que participou Filmanova Invest, compite en cinco categorías: mellor actor, actriz de reparto, dirección de produción, vestiario e maquillaxe. Fráxiles, de Fílmax, a produtora de Xulio Fernández, opta a mellor música e efectos especiais.
Máis información sobre O soño dunha noite de San Xoán, Gisaku, Para que non me esquezas e Camarón e sobre o resto de candidaturas en El País



