Lugo acolle unha mostra sobre o arquitecto racionalista Eloy Maquieira

Racionalismo

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

A sede luguesa do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) acolle desde onte unha exposición de parte dos fondos da biblioteca do arquitecto racionalista Eloy Maquieira, morto en 1944. Desde o Colexio de Arquitectos salientouse a importancia de Maquieira como expoñente da corrente racionalista na arquitectura galega, e quere coa mostra que se valoricen os edificios deste estilo e se promova a súa conservación.

Fondos


A exposición comprende parte dos fondos da biblioteca do arquitecto, recuperada pola Comisión Cultural do COAGA logo de negociar coa famlia. A mostra comprende setenta e oito libros, setenta e ous álbumes de láminas e mil noventa e unha revistas. Entre os fondos, destacan fotografías de obras de Le Corbusier, Albert Speer ou o proxecto gañador do concurso para deseñar o Val dos Caídos.




Eloy Maquieira

Maquieira naceu en 1902 en Pontevedra e faleceu prematuramente en Madrid en 1944. Desde 1923 desenvolveu o cargo de arquitecto municipal en Lugo onde realizou co seu estilo racionalista característico edificios como o instituto Xoan Montes, o sanatorio Pimentel ou o Mercado Municipal, rompendo co clasicismo habitual na cidade.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, COAG, Arquitectura, Colexio de Arquitectos de Galicia...