Os traballos audiovisuais de Luís Avilés Baquero, Carlos Alberto Alonso, Dani de la Torre e Carlos Atanes conforman o cartel das V Xornadas de Curtametraxes que organiza o Ateneo Ferrolá. Unhas sesións que terán lugar os días 26, 27 e 28 de deembro (a partir das 20:00 horas) e que se completará co especial Taxi: vivir rodando, unha serie de curtametraxes de diferentes países relacionadas con este medio de transporte.



