A representación artística da sexualidade, a análise en A Coruña

Voyeurs artistas

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

As xornadas sobre "Arte e erotismo" que hoxe rematan no museo de Belas Artes de A Coruña, analizaron, entre outras cuestións, as relación dos artistas co xénero ou a presencia do erotismo na arte en diferentes momentos da historia.

Fotografía


Na primeira das xornadas destacou aconferencia de David Balsells sobre a sobre a fotografía erótica, na que analizou a relación dos fotógrafos co tema. Segundo el, a intervención do artista na obra vai desde o papel de voyeur ó de protagonista, cunha implicación variable. A intervención de Balsells estivo acompañada da proxección de diferentes fotografías ilustrativas.




Erotismo sacro

A presencia da sexualidade na arte sacra centra varias das intervencións que se fixeron estes días. Así, Ángel García del Olmo, investigador da iconografía sexual do románico, analizou o contido erótico de este estilo medieval e espuxo a súa tese de que a proliferación nel de imaxes de tipo sexual obedecía á intención de fomentar a natalidade. Pola súa banda, Xosé Manuel Buxán, profesor de Belas Artes de Pontevedra, realizou unha interpretación homoerótica do santoral cristián, con casos como as representacións de San Sebastián, San Xoán Bautista e San Xoán Evanxelista.




Pintura erótica

A presencia do erotismo na pintura en diferentes momento da historia ocupou a tarde da xornada do xoves. A censura que sufriu a pintura erótica renacentista durante a ilustración española, a imaxinería erótica no simbolismo ou a mirada erótica de Isaac Díaz Pardo foron os temas analizados.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Belas Artes, Xénero, Fotografía...