Unha editora que non produce libros fÃsicos. Que cede de balde os seus produtos a través de Internet. Que deixa á discreción dos autores o control total dos dereitos das súas obras. Que en ocasións permite mesmo modificar o contido dos libros publicados. Que aposta polo multimedia e pola lingua galega. Non é unha fantasÃa, chámase Ediciós da Rotonda e xa está dispoñible nas nosas pantallas.
O proxecto nace da man de MarÃa Yañez, columnista e destacada representante do blogmillo co seu todonada.com, e mais de Berto, unha das cabezas pensantes que está detrás de aduaneirossemfronteiras.org. As palabras máxicas para definir A Rotonda son Internet e licenza Creative Commons. As posibilidades da rede en canto a formatos e difusión son ben coñecidas. Non o é tanto o sistema de distribución de contidos baixo esta licenza. Basicamente, a Creative Commons preséntase coma unha alternativa ao copyright, pola que o autor dunha obra cede de balde algúns dos dereitos que tradicionalmente lle corresponden aos interesados. A flexibilidade desta licenza permite desde a copia gratuÃta con fins non comerciais ata o dereito a modificar libremente a obra, unicamente sinalando a autorÃa orixinal, e é o autor o que decide cales destes dereitos se reserva. “Consideramos un pouco incoherente, sacar cousas con copyright en Internet”, apunta MarÃa. “Con esta licenza, os autores pode facer unha explotación comercial con outra xente se un editor decide publicalos o dÃa de mañá”.
Edición e autoedición
A idea de facer unha editora virtual nun momento en que os propios autores poden publicar as súas creacións na rede dun xeito sinxelo é cando menos curiosa. “É un segundo paso despois dos blogs”, sinala MarÃa. “Nese mundo constatamos que calquera pode ser editor do que sexa. O experimento quere ver o papel que pode xogar un intermediario e conseguir unha plataforma que poida chegar a ese público, coidar o deseño e a promoción e darlle unha certa marca a produtos aos que lles poida custar máis acceder ao público por seren de autores noveis”, explica a promotora do proxecto. Deste xeito a Rotonda servirá sobre todo como un apoio á hora de proporcionar un deseño, unha marca e unha promoción ás obras e deixar que os autores se dediquen unicamente á creación. “Con catro cousas de tecnoloxÃa que se aproveiten e que pode empregar calquera, pódense lanzar formatos innovadores e ter un pouco da notoriedade que lles fai falta ás obras para se promocionar” completa Yáñez
Intrahistoria
Boa parte da culpa do nacemento de Ediciós da Rotonda tena “O home inédito”, a novela de Carlos Meixide coa que abre fogo esta marca editorial. “Era unha idea xa vella que tiñamos aÔ, explica MarÃa. “Concretouse máis ao ver a novela de Carlos”. “VÃamos que nas editoriais non habÃa posibilidades de se publicar ou que se as habÃa era un proceso moi lento, e ocorréusenos poñer ese material na rede. Entón tentamos ver como se podÃa facer con xeito e dixemos ‘e por que non facemos unha editorialiña?’”. O feito de ser a primeira destas caracterÃsticas no paÃs e o factor de promoción engadida que supuña este factor acabaron de convencelos. De calquera xeito, o proceso non foi nada precipitado. “En febreiro ou en marzo xa tiñamos na cabeza toda a idea de como o facer, pero as cousas van a modo e ata o de agora non a demos sacado”. Máis concretamente, Ediciós da Rotonda dábase a coñecer o dÃa catro de novembro no marco do Encontro de Editores que se celebrou no Consello da Cultura Galega.
Referencias
A proposta é orixinal e única, polo momento, no noso paÃs. Pero non carece de referentes internacionais. “O exemplo que me inspirou un pouco foi o de Cori Doctorows, un dos autores do blog boingboing.net”. Este autor de novelas de ciencia ficción optou por poñer as súas obras na rede a través da licenza Creative Commons. “Isto deulle ao autor un soporte promocional moi bo, e non lle impediu publicalas logo nun formato convencional cun éxito importante”. Os promotores de Ediciós da Rotonda pensan que, coas inevitables diferenzas de escala, este sistema se pode aplicar a Galicia. O outro referente co que xoga esta proposta, especialmente no nome, é con Ediciós do Castro. “A referencia é un pouco unha broma co nome. Tamén nos gustou a idea da rotonda, que graficamente ten reminiscencias dos logos de Creative Commons. Do mesmo xeito que o castro representa a Galicia prehistórica e tradicional. A rotonda é tamén o sÃmbolo da Galicia postmoderna”. Tamén nos gusta esa homenaxe ao galego histórico e de Lugo co emprego da palabra Ediciós.”
EconomÃas
A primeira pregunta que xorde ao saber deste sistema de distribución, é como se vai soster economicamente o proxecto. “En principio non facemos isto para ter ningún tipo de compensación económica, polo menos nun primeiro momento”, explica MarÃa. “Non descartamos que no futuro se poida pensar nunha edición comercial. Polo de agora non ten esa orientación, pero pensamos que se pode aproveitar para obter beneficios para autores ou editores de xeito directo ou indirecto. Tamén acontece que para editar en papel directamente precisarÃamos dunha infraestrutura que de momento non temos”. Claro que, se ben non hai beneficios aÃnda, a Rotonda parte da vantaxe de que non hai tampouco moitos gastos.
Público
Ademais de todas as outras peculiaridades, o proxecto de Berto e de Yáñez caracterÃzase tamén por ir dirixido a un público moi concreto, internauta, menor de trinta e cinco anos e que está interesado en consumir produtos en galego. E cara a eles vai tamén “O home inédito”. “A novela vai precisamente para o público que máis anda por Internet. Ao mellor outros contidos que sacan as editoriais son para un lector que está tamén máis establecido, consume unha literatura máis seria e máis académica, pero polo mesmo tampouco medra”, sinala MarÃa. “Esta obra pódese encadrar dentro da literatura popular e de humor, e isto é algo que non oferta o sistema tradicional”. A decisión de apostar por este público basease na propia experiencia dos promotores da iniciativa. “Imos por un público que consume cultura pop pero non o fai en galego porque hai moi pouca. Queremos contribuÃr a desenvolver contidos máis modernos para este tipo de público. Despois dun tempo de andar en blogs vemos que hai xente en Internet que se comunica en galego e que está desexando ver contidos en galego. Só con chegar a eles nós dariámonos por satisfeitos.”. Polo momento “O home inédito” leva xa máis de seiscentas descargas antes de facer o primeiro mes de vida, sendo ademais a primeira novela en galego que está adaptada para ler nun móbil. “SaÃu en formato e-reader porque aos dous dÃas de sacar a editora, a xente de canalpda.com, uns cataláns que levan un blog e que se dedican a pasar a este formato libros que están liberados, chamáronnos para nos informar que Ãan facelo”.
Proxectos
A editora xa prepara a súa primeira incursión no mercado audiovisual. Trátase de “E.U.R.O.P.A.”, que “é unha coprodución cunha xente que xa comezara a serie documental coa idea de poñela pola súa conta na rede, e nós quixemos colaborar para tirar a versión galega deste produto. Sairá para decembro o primeiro capÃtulo, en diversos formatos, estamos a facer probar e vai ser a primeira serie galega con versión para I-Pod video e para PSP”. A pesar da decidida aposta polo sistema Creative Commons, na Rotonda non desbotan a posibilidade de, no futuro, publicar traballos seguindo un sistema máis tradicional, adquirindo dereitos de autor e publicando en papel. A filosofÃa pop que está detrás da iniciativa failles ter claro aos promotores da Rotonda que non van publicar música folk nin poesÃa, polo momento. “Xa recibimos moito material desde que presentamos a editora”, recoñece MarÃa. A publicación de música na rede preséntase coma o seu vindeiro obxectivo, e xa están moi avanzadas as negociacións para que, antes de fin de ano, A Rotonda teña xa un produto en cada unha das súas liñas de edición.