Faktoría K de Libros é o nome da nova proposta que, auspiciada por Kalandraka, chega ao mercado editorial. Entre os primeiros lanzamentos está a Colección BD Banda, dedicada á banda deseñada, da que editan Astro valente explorador, de Javier Olivares, en galego e en castelán e Fiz, tradución ao español do álbum de Kiko da Silva. Canda esta liña, a nova editora aposta polos libros de arte As luces que se acenden e se apagan, de Ramón Trigo, e Bestiario, do canadense Stéphane Poulin e mais polo álbum ilustrado As luces que se acenden e se apagan nestes primeiros lanzamentos. O selo presentarase mañá, martes 22 ás sete da tarde no Verbum de Vigo. Simultaneamente coñecemos o nacemento de Edicións Espontáneas, unha proposta centrada nos libros de arquitectura que inicia a súa andaina con 25 casas de Galicia, 1994-2004. A presentación será o 29 de decembro na Fundación Luís Seoane, na Coruña.
Máis información en web de Edicións Espontáneas





