Unha mostra recupera a obra pictórica de Ovidio, fillo de Manuel Murguía

O fillo pintor de Murguía

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

A Fundación Barrié recuperará a partir do día 30 deste mes a obra pictórica de Ovidio Murguía, un dos fillos do matrimonio de Manuel Murguía e Rosalía de Castro. Ovidio, destacado paisaxista morto ós 29 anos, cando comezaba a despuntar, formou parte da coñecida como "Xeración Doente" de pintores galegos de finais do século XIX.

Paisaxismo


Ovidio Murguía manifestouse desde neno a súa vocación artística, iniciándose no debuxo da man da súa irmá Alexandra. Entre 1885 e 1894 recibiu clases de pintura na Sociedade Económica Amigod do País en Santiago, con mestres coma José María Fenollera. segue as tendencias costumistas de Fierros e a interese pola paisaxe de Serafín Avendaño, destacando nesta vertente da pintura.





Carreira pictórica

Cara a 1895 realiza as súas primeiras exposicións na Librería Roel en A Coruña, acadando un rápido éxito de crítica que lle permite participar na Exposición Rexional de Lugo de 1896. A partir de 1897 trasládase a Madrid, continuando unha formación esencialmente autodidacta e unha especialización en paisaxes dentro da corrente "plenairista". A Exposición Bienal do Círculo de Belas Artes acolle dous dos seus cadros en 1898, e, logo de facer varias obras para o seu mecenas Montero Ríos, participa na Exposición Nacional e 1899, falecendo de tuberculose o día un de xaneiro do seguinte ano.




Exposición

A exposición da Fundación Barrié recolle, ata o 28 de xaneiro, mostras das paisaxes reproducidas por Ovidio, cunha pincelada áxil e sutil e unhas cores luminosas. Con esta mostra preténdese recuperar a memoria dun dos pintores máis destacados de Galicia.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Murguía, Rosalía de Castro, Fundación Barrié, Paisaxe...