Este fin de semana (19 e 20 de novembro) teñen lugar os III Encontros de Escritores Galegos. Un foro de debate literario que, segundo a Deputación da Coruña pretende ser unha plataforma plural e aberta e non as capelas habituais de escritores. Manuel Guede, Salvador García-Bodaño, Xulio López Valcárcel, Miguel Anxo Fernán-Vello, Santiago Jaureguizar e Gonzalo Navaza son, entre outros, os encargados de analizar as relacións entre a literatura e o xornalismo. Todo o que dean de si estas xornadas (debates, conferencias, relatorios...) recolleranse nos Cadernos de Mariñán.
Máis información no web da La Voz de Galicia





