A Biblioteca Municipal Almeida Garrett do Porto acolle ata o venres os décimo primeiros encontros luso-galaico-franceses do libro infantil e xuvenil, unha edición co título Clásicos: tradición e actualidade. A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, Gálix, participa na organización deste evento que tamén conta co apoio da Consellaría de Cultura, a Fundación Caixa Galicia e Edicións Xerais. Dentro do diverso programa de intervencións, xunto a lusos e franceses, están presentes investigadores do Centro Ramón Piñeiro e da Universidade de Santiago, así como o escritor Miguel Vázquez Freire. Está prevista tamén a presentación do libro Hans Christian Andersen, Jules Verne e El Quijote nas literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico (Ed. Xerais), de Ana Blanca Roig e António Gomes.
Máis información no Instituto Português do Livro e das Bibliotecas





