O problema dos incendios no noso país é unha cuestión complexa que afecta a un bo feixe de ámbitos, desde a piromanía aos intereses económicos, pasando pola consciencia social sobre o valor do monte e o sistema de loita contra o lume. As Xornadas Os incendios forestais en Galicia analizaron os días sete e oito de novembro estes temas, prestando unha especial atención ao xeito en que o despoboamento do agro inflúe na aparición das lapas.
A pesar do complexo do problema, en xeral as análisis sobre os incendios coinciden en afirmar a relación entre o abandono do agro e uns modelos pouco axeitados de aproveitar o monte coma unha base que favorece o desorbitado número de incendios que asolan o noso país. As xornadas Os incendios forestais en Galicia que organizou o Consello da Cultura Galega, analizaron polo miúdo estes problemas. Segundo recoñece o seu coordinador, Francisco Díaz-Fierros , "detrás das causas do lume hai unha cultura, un conflito que é froito, entre outros aspectos, da colisión entre a agricultura tradicional, na que o lume foi un instrumento de traballo, e os novos tempos, onde se producen fenómenos como a desertización do campo ou o abandono de explotacións e terras".
A busca das causas
Entre as análises que, ao longo das xornadas se fixeron sobre este problema, Francisco Sineiro, doutor en Enxeñería Agrónoma, abordou os factores socioeconómicos que inflúen, dun xeito estrutural, na maior incidencia do lume. A pesar da incidencia dos incendios eu achaba en falta unha imaxe clara das causas, os estudos realizados sinalan causas moi xenéricas e cítanse teorías, pero non hai un diagnóstico causal minimamente consistente, sinala. Eu tentei analizar aqueles factores que fan o noso monte máis vulnerable aos incendios. Se os lumes se producen é porque hai uns incendiarios, pero esta situación de vulnerabilidade fai máis fácil a existencia, a propagación e a propia extensión dos incendios.
Números grandes
Son entón varias e complexas as causas dos entre oito e dez mil incendios que se producen cada temporada nos nosos montes e que deixan, nos peores anos, unhas cincuenta mil hectáreas queimadas. Na última década reduciuse a superficie afectada, e o orzamento destinado á loita contra incendios pasou de seis millóns de euros a finais do anos oitenta a sesenta e cinco millóns este ano, apunta Sineiro, que recoñece sen embargo que o número total de lumes continúa a ser moi elevado. Para este estudoso do agro, o abandono do mundo rural está detrás desta alta sinistralidade. Temos un territorio pouco ordenado e en grande parte abandonado. Só un 40% da superficie total de Galicia está aproveitada mediante cultivos, pastos ou monte ordenado, apunta. Todo o demais é mato ou monte moi vulnerable aos incendios, que se divide ademais nun número moi elevado de parcelas, o que dificulta accións preventivas. Este territorio, ademais, acolle unha agricultura en crise, o que para este investigador inflúe decisivamente na aparición do lume.
Abandono e lume
Para apoiar esta idea, Sineiro destaca que a maior incidencia dos lumes dáse precisamente naquelas zonas onde hai unha maior recesión da economía agrícola. Ourense, o interior de Pontevedra (agás o Deza) e da Coruña e a Costa da Morte revélanse coma as zonas cunha maior tendencia a sufrir incendios. Neste sentido, Francisco Díaz-Fierros sinala a importancia de apoiar as explotacións vencelladas ao monte, e apunta o exemplo de zonas coma o Sur de Pontevedra. Alí creáronse comunidades de montes moi fortes e conseguiuse reducir en grande medida o número de incendios este verán. Á pouca eficacia na xestión de diferentes mancomunidades de montes súmase unha política pública sobre estas explotacións que, segundo o doutor en Enxeñería Agrónoma, deixou moito que desexar na anterior etapa política. Os recorrentes conflitos sobre o emprego do territorio que afectan a ámbitos coma a caza e a gandería non deixan de favorecer unha situación propicia para o lume, que en ocasión actúa coma arma en enfrontamentos polos dereitos de explotación. Canda a isto, non se debe esquecer o tradicional emprego das lapas coma un sistema de xestión do territorio. O lume foi sempre unha ferramenta para renovar os pastos do monte, recoñece Sineiro, pero non é o mesmo queimar hai trinta anos, cando había pouca maleza e o lume se facía noutras condicións que facelo agora cando hai un abandono tan grande.
Traballo no monte
Como medidas neste sentido, este autor, e canda a el outros participantes no encontro, destacan a necesidade dunha política integral para o agro. Hai que favorecer os beneficios do monte para a poboación rural, explica Sineiro, crear un plan de emprego en actividades forestais e ambientais, apoiar as economías das explotacións familiares e poñer en marcha incentivos por cumprir con compromisos de mellora ambiental. Facilitar arrendamentos, reforzar o proceso de concentración, medidas sobre o emprego de montes veciñais, fomento do emprego da biomasa ou medidas que diminúan os conflitos que existen polo emprego do monte, incluíndo neste sentido cuestións coma os danos por animais salvaxes son algunhas da medidas que propón este especialista.
Economía do lume
Na súa análise, Sineiro non esquece os tristemente famosos casos de incendiarios que forman parte dos propios grupos de extinción. Cómpre superar a economía do lume, derivando investimentos a tarefas preventivas e amosando que os beneficios do monte están máis na prevención do que na extinción, apunta. Agora no rural existe a impresión de que pode haber máis traballo cantas máis cuadrillas de extinción haxa. Neste sentido Sineiro avoga por crear incentivos económicos a tarefas de prevención. Poderían ir a explotacións agrarias que desenvolvan determinadas tarefas preventivas, ou a traballadores do monte en lugares con alta incidencia. As axudas faríanse efectivas unicamente cando houbese un descenso efectivo no número de incendios.
Outras ideas
En xeral, as propostas que realizou este estudoso da problemática do lume coinciden coas ideas básicas que se manexaron ao longo das xornadas. O propio conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, destacou a necesidade de organizar unha política integral para o agro coma xeito de combater os incendios. Os danos ecolóxicos que causa esta praga e a dificultade de rexenerar os solos, os problemas de coordinación na loita contra o lume e mesmo a substitución de moitos prados por bosques de crecemento rápido e altamente inflamables coma os piñeiros e os eucaliptos foron outras das cuestións que se abordaron. A coincidencia na necesidade dunha nova política forestal e agraria fan pensar nunha vindeira mudanza da lexislación e dos programas aplicables a este campo virando a medidas de prevención do estilo das apuntadas por Sineiro ou Díaz-Fierros. Verase entón no futuro se, tamén neste campo, vale máis previr do que curar.