Unha exposición achega á cidade as vangardas de entre 1880 e 1940

Pontevedra de deseño

| Santiago.Redaccion | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

O pazo de Cultura de Pontevedra acollerá ata o cinco de novembro unha exposición que co título "Deseño de Vangarda 1880-1840", achegará á cidade mostras da evolución desta disciplina ó longo do século XX. Entre as obras expostas, auténticos mitos do deseño como a lámpada da mesa de Karl Müller, a butaca "Barcelona" de Van der Rohe ou o fervedor de Peter Behrens.

Máis de cen obxectos


Os máis de cen obxectos expostos foron seleccionados coa intención de amosar a evolución de formas e materiais na busca da perfecta adaptación ó uso para o que foron concibidos. Alberto Bartolomé Arraiza, director do Museo Nacional de Artes decorativas e comisario da mostra, "os obxectos son o reflexo das sociedades eque os crea polo uqe se considerou que o deseño é a continuidade das artes decorativas tradicionais.




Desde o modernismo

A exposición, organizada por Caixanova, conta con fondos da Colección Torstesten Bröham,adscrita ó Museo Nacional de Artes Decorativas. A mostra ten como punto de partida a toma de conciencia que se produce nos movementos modernistas da Europa industrializada, seguindo co racionalismo da Bauhaus ou o Neoplatonismo Holandés.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

¿Tralo deseño galego?

¿Tralo deseño galego?

Unha mesa de debate reflexiona sobre as posibilidades dun deseño creativo galego

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Barcelona, Caixanova, Europa

Claves

Entidades