Xosé Bar Bóo, arguitecto moi pouco coñecido en Galicia, ven de recibir unha homenaxe por parte da Fundación Barrié que, a partir dunha tese doutoral publicou unha antoloxÃa da súa obra. Bar Bóo, que se consideraba a si mesmo discÃculo de Lloyd Wright (sobre quen está en marcha unha exposición en A Coruña), foi seleccionado polos seus colegas un dos principais arquitectos do Estado en 1989.
Estilo
A pesar de definirse como seguidor de Wright, o seu estilo foi unha mestura de arquitectura pasada e presente, na busca da integración dos edificios co seu contorno e dunha estructura interna aberta e funcional. Ademais, no seu intento de harmonizar as construccións, Bar Bóo tamén deseñou mobles para varias casas feitas por el. A semellanza con Wright, deseñou numerosas vivendas unifamiliares e outras obras como os Novos Xulgados de A Coruña e a igrexa de Nosa Señora das Neves de Vigo.
BiografÃa
Nacido en 1922, Bar Bóo foi un dos fundadores do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, ademais de participar na formación do Museo do Pobo Galego e da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). A súa primeira obra, de 1957, é o edificio que leva o seu nome na rúa Marqués Valladares de Vigo. NOs anos seguintes realiza diferentes vivendas unifamiliares nos arredores desa cidade, como a casa Couto, a Ibáñez Aldecoa e a Vázquez. Foi o responsable do deseño das prazas de abastos de Porriño e Gondomar, dos obradoiros e oficinas de Vitrasa. O arquitecto morreu en 1994.