O apoio á cultura e ás artes por parte das persoas que contan con máis recursos é unha tradición na cultura occidental. Xa desde a Idade Antiga nobres e ricos apoiaron a construción de templos, a elaboración de obras de arte e mantiveron a artistas e a creadores, dando lugar a algunhas das máis destacadas creacións da Humanidade. Na actualidade, o mecenado continúa vivo, e no noso país apoia algunhas destacadas iniciativas nos máis diversos ámbitos.
Mecenado significa, segundo o Gran Dicionario Xerais da Lingua, protección a empresas culturais ou benéficas que non producen beneficios, e mecenas é aquela persoa ou empresa que patrocina actividades artísticas, científicas, culturais, etc., quer individuais, quer colectivas. A práctica e xa vella, e no noso país conta cunha ampla lista de representantes coñecidos e anónimos. O empeño de emigrantes coma os irmáns Naveira ou de industriais coma García Barbón deu xa, desde o século XIX e sobre todo no XX na creación dun bo número de escolas, centros de ensino, e outras entidades educativas e sociais. Na segunda metade do século XX existen exemplos destacados de empresarios que apostaron pola nosa cultura parte do seu patrimonio . Son coñecidas as importantísimas achegas que persoas coma Antonio Fernández López, Valentín Paz Andrade ou Isaac Díaz Pardo realizaron para a recuperación da cultura galega desde a súa actividade en empresas coma Zeltia, Pescanova ou Sargadelos. Canda a eles, multitude de persoas a miúdo pouco recoñecidas achegaron os seus cartos desinteresadamente para apoiar a creación de editoriais, bibliotecas e o desenvolvemento de investigacións e creacións artísticas de todo o tipo.
Caixas e bancos
Non cabe dúbida de que as accións de mecenado máis coñecidas do noso país son aquelas que desenvolven as caixas de aforro e mais diferentes entidades bancarias a través da súa obra social. A propia natureza das caixas, que non poden obter beneficios para fins particulares, leva a desenvolver unha importante actividade de asistencia social e unha coidada programación cultural. Entidades galegas coma Caixa Galicia ou Caixanova coma foráneas, coma Caixa Madrid organizan exposicións, concertos, e todo tipo de actividades e convocan bolsas de investigación e de estudo. Canda a estas, diferentes bancos amosan o seu compromiso coa cultura a través de fundacións e do apoio a proxectos concretos. En Galicia non hai dúbida de que o caso máis coñecido é o do Banco Pastor, que a través da Fundación Barrié leva anos a ser un referente en canto a exposicións de grande magnitude, a programación de concertos ou a publicación de obras que acaban sendo referentes.
A ferramenta da fundación
Na actualidade, non son poucas as empresas e os particulares que continúan a achegar para fins sociais e culturais parte dos seus beneficios. Boa parte do mecenado que desenvolven diferentes empresas desenvólvese a través da creación de fundacións. Unha mellor xestión, a imaxe positiva que achegan á empresa e mais as vantaxes fiscais que outorgan este tipo de iniciativas, organizadas na Lei 49/2002, motivan o éxito da fórmula. Practicamente todas as grandes empresas, tanto galegas coma foráneas, contan cunha entidade asociada destas características. Existen no entanto casos nos que é a propia empresa a que desenvolve o labor social e cultural e mesmo exemplos de particulares que organizan iniciativas deste tipo sen contar con institución ningunha. No primeiro destes casos encóntrase o Grupo Cortizo, centrado do ramo da metalurxia, que atesoura unha importante colección de arte mercé ao interese do seu fundador, Manuel Cortizo Soñora. Ademais de patrocinar diferentes equipos deportivos apostou por investir e arte e conseguiu unha destacada colección de pintura na que prima a vangarda galega e que inclúe obras Quintana Martelo, Arturo Souto, Colmeiro, Álvarez de Sotomayor ou Gutiérrez Solana. Dando un paso máis, o Cortizo tamén asumiu a dotación con máis de doce mil euros do Certame de Pintura Comarca do Sar que convoca a pintores novos galegos de todo tipo de estilos.
Apostas persoais desde Inditex
Tanto Amancio Ortega coma Rosalía Mera, dous dos nomes mais comunmente asociados co grupo Inditex apoian cadansúa fundación. Por unha banda, a Fundación Amancio Ortega segue a filosofía de poñer a andar e xestionar integramente os seus propios proxectos nos campos da cultura, a educación, a investigación e a ciencia. Polo momento, a principal iniciativa desta entidade está a ser o proxecto Ponte dos Brozos, unha escola piloto que tenta integrar as novas tecnoloxías na aula. A ex-muller de Ortega, Rosalía Mera, traballa pola súa banda na Fundación Paideia, especializada en atención social, integración de discapacidades, apoio á creación de empresas de economía social e desenvolvemento rural, entre outros campos. Sen embargo, nos dous casos os proxectos mantéñense desvinculados de Inditex e aparecen coma unha aposta persoal dos seus patróns.
De Palestina para Galicia
Ibrahim Ghaleb Jaber, dono do Hotel Araguaney de Compostela e mais da produtora CTV, é o responsable da posta en marcha da Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, coa que pretende promover as relacións entre a cultura hispana e hispanoamericana co mundo árabe e difundir a situación da súa Palestina natal. Desde a fundación, Sara de Castro explícanos que na orixe deste proxecto, nacido xa en 1984, está unha homenaxe do señor Jaber ao labor dos seus sogros. Nestes vinte anos, a entidade desenvolveu todo tipo de actividades. Faise o festival de cine Amal, concertos de Ghazal, publicación de libros, foros, conferencias, a bienal de pintura, a semana árabe..., apunta De Castro. A fundación organiza tamén cursos de formación para actores de dobraxe e xestiona unha nutrida biblioteca e mais unha filmoteca centradas en cultura árabe e hispanoamericana. Tanto ao festival de cine árabe coma as exposicións de arte árabe contemporánea veu moitísima xente. Penso que a fundación está a lograr dar unha visión diferente sobre mundo árabe, apunta De Castro. Esta entidade está integrada no grupo Araguaney e finánciase maioritariamente con fondos achegados desde as empresas que o compoñen, ademais de contar con diferentes axudas públicas ás súas actividades.
En memoria
A principal inmobiliaria galega, FADESA, está tamén cunha vencellada cunha fundación. A morte repentina da vicepresidenta do grupo, María José Jove en 2003, levou a que desde a dirección do grupo se puxese en marcha unha activa fundación que, co nome da finada, continúa o seu labor social e cultural. A fundación pona en marcha a familia Jove Capellán, coa intención de atender colectivos desfavorecidos e traballar na área da infancia, explica Belén Rei, responsable de comunicación de FADESA. Aínda que a iniciativa e o apoio económico desta entidade parten maioritariamente da familia Jove, desde FADESA apoian o proxecto cunha dotación de 240.000 euros anuais. Os fondos da entidade destínanse a completar a colección de arte da entidade, a convocar anualmente o premio María José Jove de Escritura Teatral e a desenvolver, entre outras, iniciativas coma unha escola de pintura infantil, outra de teatro tamén dedicada a nenos ou a concesión de bolsas de estudo para fillos dos traballadores de FADESA.
Un mundo
Estes son só algúns exemplos dos variados campos que tocan estas iniciativas. Como é de imaxinar, o mecenado adopta no noso país moitas máis formas, desde doazóns a diferentes entidades do sector asociativo para que desenvolvan as súas actividades ata axudas monetarias a creadores, todo un mundo, que a miúdo prefire quedar no anonimato, permite o desenvolvemento de diferentes iniciativas. Tamén a práctica do patrocinio, polo que diferentes empresas achegan cartos ou material para organizar eventos, favorece a existencia de, por exemplo, un grande número dos festivais e dos concertos que se celebran no noso país. Máis ou menos modernizado, a buscar novos campos e xeitos de actuación, o mecenado mantense vivo e vizoso.