Unha editora virtual que publicará autores inéditos. Esta é a proposta que anuncia a Asociación de Escritores en Lingua Galega coma un novo xeito de pór en contacto estes escritores co público. Ao tempo que se coñece esta innovadora iniciativa, sabemos dos gañadores do premio Carvalho Calero, que foi para Carlos Quiroga no apartado de narrativa breve con Inxalá e para Miguel Louzao no de investigación, cunha análise sobre a poesía dos anos noventa.
Máis información en La Voz de Galicia sobre a editora; sobre os premios





