A vindeira Feira do Libro de São Paulo terá as nosas letras coma protagonistas. A Asociación Galega de Editores anunciaba esta fin de semana que chegou a un acordo cos organizadores deste evento na recente Feira de Frankfurt para que o noso país sexa convidado da feira paulista no ano 2006. Tamén en Frankfurt a editorial Kalandraka anunciou que chegou a acordos para editar en hebreo, coreano e italiano algúns dos títulos do seu fondo, coma O coelliño branco, Moncho e a mancha ou Xaime e as landras.
Máis información en
Galicia Hoxe, en La Voz de Galicia, e nos nosos arquivos





