A asociación cultural D’5 converte a chocolatería Raposo nunha galería de arte

Obras de chocolate

A antiga fábrica de chocolate Raposo reabrirá as portas da súa sede en Compostela o vindeiro 9 de setembro. Pero “A chocolataría” non fará chocolate senón obras de arte, xa que se converte nunha galería a cargo da Asociación Cultural D’5 de creación contemporánea. A chocolataría poñerase en marcha o 12 co obradoiro “O moble emocional” unha iniciativa en colaboración coa Fundación María Martínez. Non será a única inauguración de setembro, porque neste mes tamén estaba prevista que a galería SCQ presente o seu novo espazo, co que da lugar a un cambio no seu proxecto expositivo.

Máis información sobre “A Chocolatería” en Galicia Hoxe