Para quen queira e saiba atopalas, a superficie de Galicia, dende o aire, está chea de marcas do pasado. Aproveitando as últimas tecnoloxÃas en sistemas de información xeográfica, os arqueólogos exploran a partir da fotografÃa aérea o contorno dos castros para tentar descubrir pegadas e construcións que non poden ser vistas dende terra. Viaxa a un satélite, monta nun avión e súbete a un globo no noso infográfico interactivo para coñecer máis sobre esta técnica.
AÃnda que os arqueólogos de verdade non se parecen moito ao descamisado Indiana Jones, o estereotipo e o cientÃfico comparten unha realidade: ter que avanzar por espesas matogueiras e lugares inaccesibles nos que a penas hai visibilidade para comprender o sitio polo que camiñas. En Galicia, un territorio con máis de 5.000 castros da Idade do Ferro, o toxo é un espeso manto vexetal que inza o alto dos montes e dificulta a comprensión dos recintos arqueolóxicos. Pero se un primeiro observa o lugar dende o aire e sabe interpretar as marcas da superficie, é fácil orientarse despois no mar de matogueira.
De feito, a propia evolución da disciplina arqueolóxica foi superando a tradicional imaxe do arqueólogo como señor que escava pacientemente na terra. Nos últimos anos, o abaratamento da fotografÃa aérea puxo a disposición dos cientÃficos novos instrumentos para comprender o pasado. Deste xeito, o emprego de globos aerostáticos, avionetas, o reaproveitamento da fotografÃa aérea que se realiza para determinar parcelas agrÃcolas ou urbanÃsticas e o contacto coa fotografÃa dos satélites está a permitir comprender mellor a Idade do Ferro nun contexto maior, no que os castros se poden comprender en función da altura, do terreo, dos camiños ou da visibilidade que mantiñan.
Comprender o contorno
As primeiras experiencias relacionadas coa arqueoloxÃa aérea foron levadas a cabo na década dos 80 polo actual director do Museo de Viladonga, Felipe Arias. Este arqueólogo empregou o material gráfico dun voo do exército americano sobre Galicia nos anos 50 para comprender o sistema de castros que rodeaba ao espectacular poboado de Viladonga, no norte da provincia de Lugo.
Na actualidade, o Laboratorio de ArqueoloxÃa da Paisaxe do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, ubicado en Santiago de Compostela, leva máis dunha década especializándose na relación entre o poboamento humano e o seu contorno, ubicando os recintos na súa orografÃa e tentando comprender as razóns polos que un grupo humano decide asentarse nun lugar determinando e como comezará a explotalo para obter alimentación, por exemplo. César Parcero, responsable da unidade de análise territorial, sinala a relevancia de observar o territorio dende o aire: “na actualidade, gastamos máis tempo analizando as fotografÃas aéreas que na prospección posterior do terreo a pé”, indica. Os arqueólogos empregan ortofotos, é dicir, cartografÃa con fondo fotográfico sobre o que se realizan os estudos. As ortofotos intégranse no que se coñecen como Sistemas de Información Xeográfica (SIX): software que permite superpoñer fotografÃa, curvas de nivel e outras capas de información e realizar un análise conxunto delas. Deste xeito, a foto dun castro pódese colocar por baixo dun mapa de curvas de nivel que marquen a orografÃa do lugar, introducirlle elementos informativos e mesmo levantar visións tridimensionais que permitan unha exploración virtual do lugar. É o que acontece no espectacular castro de Punta dos Prados (Espasante, Ortigueira -A Coruña), no que se pode observar como os castrexos ergueron un estraño monumento termal coñecido como “sauna” exactamente entre dúas rexas murallas.
En Galicia, esta técnica está en auxe, a pesar das dificultades. “En lugares como Inglaterra ou Castela, moi chans e con pouca vexetación forestal pódese observar con facilidade estruturas soterradas”, indica César Parcero, “pero en Galicia a superficie forestal ás veces impide ver que é o que hai abaixo”. Nesta xeneralización ten tamén moito que ver a existencia de ferramentas web gratuÃtas que permiten analizar o territorio galego en profundidade: o Sistema de Información Agraria de Parcelas AgrÃcolas (SIXPAC), o potente Sistema de Información Territorial de Galicia (SITGA) e, ultimamente, a espectacular ferramenta de visualización de fotografÃa satélite de Google: o Google Earth.
Diferentes visións
As imaxes de satélite permiten, ademais, obter outro tipo de información que os avións ou os globos non poden conseguir. Deste xeito, o Laboratorio de ArqueoloxÃa da Paisaxe traballa cos rexistros obtidos polos satélites Landsat da superficie da Terra. A peculiaridade de Landsat é que é quen de percibir cores que o ollo humano non distingue. As cores, que son o resultado da refracción da luz do Sol sobre os obxectos da terra, ofrecen información sobre a textura ou o tipo de material sobre o que rebotan. Estas cores son convertidas polo software a outras comprensibles para o ser humano. Aplicados á superficie terráquea, a información que ofrecen é clave para coñecer os usos agrÃcolas do solo ou o tipo de rocha dun área determinada. No Laboratorio, entre outros sitios, emprégano para comprender o contorno dos castros de Neixón Grande e Neixón Pequeno.
Un paseo en globo
Outra variante da arqueoloxÃa aérea é a imaxe obtida a partir de globos aerostáticos. Permite unha visión de conxunto dunha escavación, por exemplo, e é barata para o que son este tipo de investigacións (o voo dun globo custa sobre uns 600 €). O Servizo de ArqueoloxÃa da Xunta de Galicia empregou esta técnica, por exemplo, para obter espectaculares imaxes dun dos proxectos estrela do departamento: a escavación e musealización da citania de San Cibrán de Lás (Ourense). Este castro, un dos máis grandes de Galicia, conta cun sofisticado esquema urbanÃstico que se percibe con toda claridade dende o aire e será o centro do futuro Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, un proxecto divulgativo da ConsellarÃa de Cultura. San Cibrán de Lás. Deste xeito, as imaxes dende o globo permiten amosarlle os visitantes a complexidade e grandiosidade do recinto no que van a entrar.