O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades presentou onte catro novas ferramentas para os estudiosos da nosa literatura. Por unha banda, e dentro da súa serie "Narrativa recuperada" vén de editar estudios sobre Uxío Carré Aldao, Roque Pesqueira e Ángel Vázquez, autores galegos do século XIX moi pouco coñecidos. Pola outra, a institución vén de sacar un CD-Rom que recopila os "Informes de Literatura 1995-2000", realizados anualmente desde o centro.
Lembranza de autores
Os textos de tres autores galegos tan pouco coñecidos coma Uxío Carré Aldao, Roque Pesqueira e Ángel Vázquez centran as últimas publicacións do Centro Ramón Piñeiro dentro da colección "Narrativa recuperada". Esta serie recolle novelas e relatos editados en libro ou en xornais e revistas durante o sculo XIX e comezos o XX, as como textos inditos dese perodo. Ademais, cada volume inclúe unha ampla introducción realizada polos bolseiros do Centro.
No caso do libro "Uxío Carré Aldao. Obra narrativa en galego", foi Mario Romero Triñanes o encargado de realizar o estudio explicativo. A obra recolle os textos narrativos deste libreiro, investigador e escritor do Rexurdimento.
Outro autor pouco coñecido como é Roque Pesqueira Crespo é recuperado na obra "Relatos e outras prosas de Roque Pesqueira Crespo", que conta cun estudio introductorio de María Teresa Araújo. Roque Filgueira escribiu unha abondosa obra literaria na súa mocidade, deixando esta arte cando itña trinta anos.
Finalmente Alexandra Cabaleiro encargouse de analizar a figura de Ángel Vázquez, autor que protagoniza o volume "As noites no fogar e outros textos". A biografía deste autor é unha incógnita para os estudiosos, que ignoran cando e onde naceu. O libro incorpora as obras deste autor editadas en Lugo, Monforte e A Coruña a finais do pasado século.
Toda a literatura de cinco anos
Un CD-Rom recompila os "Informes de literatura" que o Centro Ramón Piñeiro editou entre 1995 e o ano 2000. Cada unha destas publicacións pretende recoller referencias a todo o que aparecese publicado sobre literatura galega en calquera tipo de soporte impreso dentro do respectivo ano, achegando unha descripción sobre o contido do texto reseñado. Esta ferramenta, de grande importancia para os investigadores da nosa literatura, incorpora en cada unha das súas edicións os contidos da anterior e públicase sempre en CD-Rom co formato Adobe Acrobat, o que facilita a súa impresión.
No acto de presentación desta publicación o profesor Anxo Tarrío, director da Área de Literatura do Centro, suxeriu a conveniencia de que este material estivese dispoñible nunha base de datos a través da rede, ó que Cleso Currás respodeu que a Xunta estudiaría esa proposta.
Os libros tiveron unha tirada de seiscentos exemplares cada un e do CD-Rom fixéronse mil. Estas obras serán distribuídas por bibliotecas públicas, escolares, institucionais e polas universidades.