Xurxo, biólogo, e Rubén, enxeñeiro agrónomo, son dous mozos da comarca do Barbanza. Hai non moito, paseando polos montes próximos ás aldeas do interior da penÃnsula, atopáronse un eucalipto con pivotes incrustados que subÃan ata un niño de ave rapaz. Un breve seguimento do lugar levoulles a descubrir que as crÃas foran roubadas. Fixeron contas e descubriron que só na zona da Pobra do Caramiñal, Boiro e Ribeira, no sur da penÃnsula do Barbanza, un número significativo de niños de aves rapaces foran saqueados. Azores, gabiáns, falcóns peregrinos ou lagarteiras foron as especies que os furtivos espoliaron.
¿Por que se rouban niños de aves rapaces e ata onde chega esta espoliación? Os motivos parecen claros ao compararmos os prezos dun ave rapaz no mercado negro cos do legal. Observemos as especies máis valoradas na cetrerÃa, o azor e o gabián, da familia dos ‘accipÃtridosÂ’. Un azor ‘legalÂ’, con toda a documentación en regra, pode valer 1.500 euros. Pero no mercado negro, ese mesmo animal conséguese por 600. Un gabián no mercado negro pode custar arredor de 500 euros, pero nos establecementos especializados o seu prezo pode mesmo dobrarse. ¿Quen os compra?
Moitos trámites
O mercado parece ser, fundamentalmente, doméstico e privado. Varias fontes insisten no procedemento de traballo: os raptores son individuos que manteñen pequenas coleccións de rapaces nas súas fincas ou que actúan baixo pedido dalgún coñecido. Moi poucas destas aves deben pasar logo ao mercado legal, xa que as empresas de venda de animais salvaxes en catividade, os cetreiros e afeccionados á caza con aves rapaces teñen que acreditar tantos controis sobre a orixe e situación dos animais que fan pouco viable o tráfico ilegal. Boa parte deles están regulados por un acordo subscrito por máis de 140 paÃses en todo o mundo, o Convenio sobre o comercio internacional de especies ameazadas de fauna e flora silvestres (CITES). Nuria RodrÃguez, avogada dos servizos xurÃdicos da ConsellerÃa de Medio Ambiente, sinala que “son precisas unha serie de autorizacións para ter animais salvaxes en catividade: débese acreditar que esa crÃa naceu en catividade, a súa procedencia legal e mesmo autorizacións para o espectáculo no caso de que se empregue para exhibicións”.
A dificultade e a abundancia de trámites de control complica as cousas. Gonzalo Meis, da Devesa das Rapiñas, un criadeiro de rapaces próximo a Pontevedra que mantén a unha media de 60 paxaros en exposición e venda, coincide: “os nosos animais teñen que pasar por probas de ADN para acreditar que as nosas crÃas son fillas doutros paxaros que xa temos; cada novo exemplar ten que ser inscrito nun rexistro oficial. É moi difÃcil saber introducir animais espoliados no circuito”. De feito, na ConsellerÃa de Medio Ambiente existen moi poucas denuncias e expedientes abertos sobre este tipo de cuestión. Gonzalo Meis indica que “en comparación con outras comunidades autónomas, como AndalucÃa, en Galicia estamos moi pouco afectados por esta práctica”.
Técnica depurada
Sen embargo, os espoliadores parecen coñecer moi ben o seu contorno. Na zona do Barbanza os ladróns acoden sempre aos mesmos niños, que son os de acceso máis doado e próximos ás estradas. “Cravan pontóns de ferro para subiren a eles”, indican Xurxo e Rubén, precisando que “agardan a que os poliños sexan adultos, a partir da segunda ou terceira semana do seu nacemento, cando teñen poucos problemas de supervivencia e son capaces de comer por si sós”. Ao baixaren do niño, os espoliadores dobran os punzóns para impedir o acceso á “competencia”. Noutros casos, rodean o tronco da árbore de aramio de espiños. Precisamente, os ladróns parecen ser moi conscientes da mina económica: “non rouban todas as crÃas do niño, deixan unha ou dúas para que os pais sigan aniñando en anos vindeiros no mesmo lugar”. Estes dous afeccionados tipificaron nun espazo tan pequeno coma os concellos da Pobra do Caramiñal e Boiro arredor de 20/25 niños de aves rapaces de fácil acceso.
A espoliación sistemática parece estar moi localizada en zonas concretas, coma o Barbanza, pero non parece facilmente aplicable a outras comarcas. Juan Carlos Epifanio é un veterano ornitólogo asociado á SEO/Bird Life que leva varias décadas percorrendo os montes galegos: “a espoliación decaeu moito con respecto a varias décadas atras”, afirma, “salvo casos puntuais de individuos que actúan sen control. Esa xente, se quere conseguir un alcotán (unha especie de rapaz) para ter na casa, simplemente van ao monte e collen unha crÃa”. Rogelio Fernández, subdirector xeral de Espazos Naturais e Diversidade da ConsellarÃa de Medio Ambiente, afirma que: “nós cremos que non é común, pero ademais, non é nada fácil capturar a este infractor”. Imaxinen: os bosques de Galicia nas despoboadas devesas do rural. É fácil pasar desapercibido.
Ignorancias
A explicación deste comportamento, aÃnda hoxe, está na falta de conciencia ecolóxica por parte de individuos concretos. Segundo Epifanio: “hai algúns dÃas estabamos controlando un niño de azor na zona de Campo Lameiro (Pontevedra). Uns madeireiros sentiron o reclamo dos pitos no niño e decidiron levarse os polos para casa”. Xabier Vázquez Pumariño, consultor medioambiental e membro da Federación Ecoloxista Galega, sinala tamén algunhas malas prácticas na caza: “algún colectivo de cazadores ignorantes pensa que eliminando ás rapaces diminúese a depredación das perdices e outras poboacións cinexéticas”.
A ‘mala famaÂ’ tradicional das rapaces de Gonzalo Meis, criador de rapaces en catividade, insiste no mesmo: “habÃa moito descoñecemento sobre as aves rapaces. Nas aldeas crÃanse que se trataba de animais malos e non habÃa reparo, en moitos casos, en disparalos porque se pensaba que roubaban galiñas ou outros animais das casas”. Meis conclúe: “hai que ter en conta que os que invadimos o seu medio somos nós, non eles”.
Nos últimos anos, a proliferación de festas de ambientación histórica ao longo de todo o paÃs fixo habitual a presenza de cetreiros nos campos da feira. Este criador afirma que a presenza destes animais nestes eventos axuda á educación medio ambiental: “nós, a través das exhibicións e as demostracións de voo, tentamos que a xente vexa a estas aves de preto, que os nenos as poidan coller e tocar para que vexan que non son nin agresivas nin malas”. Pode que non lles fagan falta. ¿É certo que as vendas de bufos e curuxas medraron dende a publicación de Harry Potter? Gonzalo rise: “e non sabes ti canto”.
Afección en auxe
Este criador afirma que só realiza “venda responsable” deste tipo de aves: “estes animais precisan coidados diarios e hai que estar con eles continuamente. Nós damos cursos de cetrerÃa e tentamos que os compradores entendan isto”. E é que a cetrerÃa parece vivir un novo renacemento. A vistosidade destes animais, o rexurdir de festas temáticas locais e a aparición de novos usos está facendo que os cetreiros atopen mesmo saÃdas profesionais para a tenencia e coidado destas aves. Xa é famoso o emprego de rapaces nos aeroportos para espantar a pequenos paxaros que poidan crear problemas nas turbinas dos avións, pero o seu uso en Galicia nos últimos anos estendeuse a outras áreas, como na protección da descarga de cereal nos portos contra a depredación das pombas ou mesmo nos campos de golf, para evitar que as gaivotas confundan ás pelotas con ovos e os rouben nos medios dos campionatos. AÃnda que en Galicia os falcóns non moven as paixóns doutros lugares, a afección pode mover montañas: “na Semana Verde de Silleda houbo xente que deixou de mercar vacas para comprar bufos. Chegáronme a cuadriplicar o prezo dun animal para que o vendera”, afirma Gonzalo.
Poboacións vulnerables
No Catálogo de Especies Ameazadas de Galicia, as poboacións galegas de aguia e o bufo real, figuran como “vulnerables”, é dicir, como susceptibles de entrar en perigo de extinción se cambiaran as súas condicións de hábitat, ao teren un número de parellas moi pequeno. Outras especies coma o lagarteiro, o alcotán ou o falcón peregrino figuran na lista como especies que deben ser tratadas con cautela. O resto das especies parecen levar bastante ben o despoboamento do rural e as agresións medio ambientais. Nos vindeiros anos, o voo conxunto das parellas de rapaces, voando sobre os prados, continuará a ser unha fermosa estampa das tardes do verán.
O roubo de niños
Os espoliadores empregan puntóns de aceiro para subiren aos niños con facilidade e con pouco risco. Como só rouban algunhas crÃas, baixan os puntóns para evitar que outros espoliadores leven o resto. De facelo asÃ, os pais abandonarÃan o lugar e nidificarÃan noutra árbore.
O roubo de niños
Moitas das rapaces teñen comedeiros nas inmediacións do seu niño. Este é un comedeiro dun azor que se deu un festÃn a base doutro paxaro, o peto real.
O roubo de niños
As aves rapaces nidifican en contornos moi variados. Neste caso, podemos un niño de azor nun piñeiro. Se vos fixades, o polo está no borde do niño, ollando para a cámara.