Hai unhas semanas falabamos da inauguración da illa de San Simón, un lugar ao que onte acudiu unha representación do Colectivo Republicano de Redondela. O seu obxectivo era recuperar a memoria das preto de seiscentas persoas falecidas no lugar durante 1936 e 1943 e denunciar que a reforma anulase todas as referencias do pasado desa illa. A visita foi guiada por Manuel Barros, un comunista de Redondela que estivo preso no lugar durante dous anos. 
                                        
                                      Máis información no Faro de Vigo  e sobre San Simón na nosa hemeroteca
                    						
                                             
        
                                                                                    



