“Muxo Betis”, “Ratos da illa”, “Berberechos asasinos”, “As lampreas máis preas”... son os nomes dalgunhas das peñas que dan vida á “Festa da dorna” que comeza esta fin de semana en Ribeira. Lonxe de ser unha festa máis dos milleiros de celebracións estivais é un despregamento de orixinalidade e creatividade onde o humor mariñeiro reborda de babor a estribor.
“A festa comezou en 1948 cando un grupo de amigos de Riberira xuntouse dicindo que lle tocara a dorna que regalaba a comandancia de VilagarcÃa. Por iso convocaron ao pobo ao peirao de Ribeira para que foran ver a botadura da Dorna, que se chamaba “Virxe do carme”. Cando a xente se achegou ao porto o que se atopou foi ao grupo cunha maqueta dunha dorna e viron como cunha regadeira a bautizaron. A partir desa coña de convocar ao pobo, dixeron “imos tomar uns chiquitos, que se acompañaran cunha sesión de tocadisco”. Quen fala é Luis Teira, membro da directiva que organiza ano tras ano a “Festa da dorna” que recupera o espÃrito irónico e burlón que tivo a primeira celebración da festa.
A festa volveuse participativa
Un ano despois da broma do grupo de amigos, os veciños volveron conmemorar o bautizo e asà sucesivamente. Durante corenta anos, a celebración foi formal, cun baile de gala ao que xente debÃa ir vestida de etiqueta e que, segundo nos comenta LuÃs acadou “moita fama por toda a comarca ata que no 88 apareceron as peñas”.
A partir dese ano a festa reiventouse, volvéndose moito máis participativa e converteuse no que hoxe é. LuÃs Teira explica que “a festa é autoorganizada pola mocidade da vila que se agrupa en peñas (que teñen unha camiseta, unha pañoleta e un nome común e onde cada unha se encarga dunhas actividades”. Ata aà todo parece normal, non quita de ser unha festa habitual, aÃnda que sexa organizada por parte dos propios veciños. Pero vendo o programa co propio LuÃs dámonos conta de que non é asÃ.
O humor dÃa a dÃa
A Festa da Dorna comeza co sábado 16 ata o domingo 24 que é o dÃa grande da festa e, no medio, nunha carpa celébrase o festival de artesanÃa. “O sábado, explica LuÃs, é o baile de gala que é a actividade máis tradicional onde é obrigado ir de gala, aÃnda que logo cada un vai como lle peta”. A baile ten lugar no Mercantil de Ribeira a partires das 11 horas da noite.
O seguinte dÃa importante dentro do programa é o xoves 21 que é cando se celebra “o exame de patrón”. Vén ser como o ritual de entrada da festa xa que di LuÃs que “para poder entrar na festa hai que pasar un exame. Montamos un palco, unhas pantallas xigantes e hai un rigoroso tribunal que, por suposto, acepta subornos e que fai preguntas tipo ¿cales son as partes da ameixa?”. Ademais, estes dÃas estamos gravando uns vÃdeos con “actores locais nativos” ao estilo supermartes”. O exame está aberto a todo o mundo, pero especialmente é para as peñas novas que queiran formar parte da festa. Asà que remate o exame de patróns é o momento da tradicional queimada “onde o mestre artesá “yoquemolacaña” daranos unhas pocións máxicas que nos farán arder o peito” e Para acompañar o momento un grupo de ska “Bodega - bodega”.
O venres son os “Xogos de mar” onde as actividades teñen como fÃo conductor o mar. LuÃs explica que son xogos de diferente tipo que van desde “a pesca do muxo radiactivo ou o “gran premio Ãcaro sen motor”, no que as peñas constrúen algo que se asemelle un avión e se tira desde a punta do peirao”. Ese dÃa remata co “juateque dorneiro” que é única actividade de pagamento (2 euros) e axuda a manter a festa. O evento deste ano ten un custe duns 12.000 euros e, á falta de dous dÃas de que comece, a organización aÃnda non sabe cantos cartos van ter, contan coa axuda da Deputación e do Concello que sempre se implicaron. LuÃs destaca “que é moi importante a hostalerÃa, que ademais de cartos tamén nos facilita material”.
O dÃa grande, que é o propio dÃa da dorna (o 24) teñen lugar as das actividades máis importantes. Por unha banda está o que LuÃs chama o “gran premio cutre-sark onde todas as peñas fan algo que flote, son as embarcacións feitas á machada, botámolas ao mar e facemos unha especie de regata”. Pola outra, está unha regata de dornas á vela, con matiz máis serio que pretende recuperar un evento que se celebrou na festa durante os anos cincuenta e sesenta. Nesta segunda parte contan con asociacións de Ribeira, VilagarcÃa e outras zonas onde os participantes compiten pola “Dorna de prata”.
Un aceno mariñeiro
LuÃs recoñece que Ribeira é unha vila mariñeira que segue vivindo cara o mar. Asegura que “a dorna está sendo substituÃda polo poliéster, aÃnda que si hai mariñeiros que seguen usando este tipo de embarcación como unha ferramenta de traballo”. Non é unha situación puntual de Ribeira senón que é común a moitos portos de Galicia, onde se está a notar un rexurdir de asociacións de defensa e de recuperación do patrimonio marÃtimo relacionado coas embarcacións e que se agrupan na “Federación galega da cultura marÃtima e fluvial”.
Ademais, a festa tivo nos seus orixes unha función social relacionada directamente coa cultura mariñeira xa que un dos obxectos sorteados na festa era unha dorna, que supuña darlle ao gañador unha forma de vida. Hoxe a situación socioeconómica é diferente, tende cara vez máis cara o turismo e isto tamén se notou no tipo de festa que, aÃnda que está moi enraizada en Ribeira, desenvólvese máis cara o terreo lúdico. Como esta comarca ten cada vez máis importancia a nivel turÃstico, a festa foi gañando en participación e importancia. “Este ano, conta LuÃs, fomos declarados festa de interese turÃstico galego co que conseguimos asà unha vella reivindicación por parte da “Real e Insigne ConfrarÃa da Dorna”, a entidade organizadora da festa. De feito, de cara ao futuro, as miras non pasan só por ampliar e recuperar vellas tradicións, senón por ampliar as actividades que a asociación organiza ao longo do ano.