Logo de nove anos sen o convocar, o Concello de Ferrol abre este 31 de xullo o prazo para se presentar á XXII Edición do Premio Ricardo Carvalho Calero de Investigación LingüÃstica e Creación Literaria. O galardón, que conta cunha dotación de 4.000 euros para cada unha das súas dúas modalidades ten aberto o prazo de presentación ata o vindeiro 30 de setembro.
O certame, aberto a obras escritas en calquera normativa da lingua galega, premiará por unha banda traballos de investigación lingüÃstica ou ensaio cunha extensión mÃnima de 100 páxinas e máxima de 250. Pola súa banda, o galardón de narración está destinado a obras breves ou colección de contos cun máximo de 60 páxinas. As obras gañadoras serán publicadas polo propio Concello de Ferrol.