Henrique Dacosta gaña o premio Carvalho Calero de narración curta

É a terceira vez que o autor leva o galardón

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A XVI Edición do Premio Carvalho Calero de Creación Literaria -Narración Curta- foi para Unha mada de doce relatos de Henrique Dacosta. Con esta victoria, Dacosta, que lebará 3.000 euros e mais a publicación da obra, suma tres vitorias nestes mesmo certame. Ao tempo, o xurado acordou deixar deserto o premio na categoría de investigación lingüística e literaria. Na presentación do premio, a concelleira de Cultura de Ferrol, Yolanda Díaz anunciou que o seu departamento prepara para o ano 2010 unha conmemoración especial da figura de Carvalho Calero.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carvalho Calero, Henrique Dacosta, Ferrol

Claves

Lugares