O Premio Pura e Dora Vázquez duplica a súa contía

Tanto a modalidade de ilustración como a de narración contarán cunha dotación de 3.000 euros en metálico

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Ata o vindeiro 2 de setembro está aberto o prazo para presentar orixinais á vixésima edición do Premio Pura e Dora Vázquez. O Boletín Oficial da Provincia de Ourense publicaba este 19 de xuño as bases do certame que convoca a Deputación de Ourense e que duplica a súa dotación nesta xeira.

Deste xeito, o premio en cada unha das modalidades de narrativa e ilustración será de 3.000 euros en metálico. As obras de narración, orientadas a público infantil e xuvenil, deberán estar entre 25 e 100 páxinas.

Unha vez que se coñeza o traballo gañador nesta modalidade, abrirá o prazo para se presentar ao premio de ilustración, no que haberá que achegar un mínimo dez obras para o interior e unha para a capa do texto galardoado. A Deputación correrá coa publicación da obra na que se reunirán os traballos galardoados nas dúas modalidades.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Ourense, Narrativa

Claves

Conceptos
Lugares