O sevillano Fernando Díaz gaña o XX Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración

O seu traballo ilustrará a obra Unha tenda azul cobalto, de Antonio Yáñez Casal

O seu traballo ilustrará a obra <i>Unha tenda azul cobalto</i>, de Antonio Yáñez Casal
Xuntanza do xurado do premio Pura e Dora de Ilustración. Fonte: Deputación de Ourense
O Centro Cultural Marcos Valcárcel, de Ourense, acollía este 12 de decembro a resolución do XX Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración, que convoca a Deputación de Ourense. O pintor sevillano Fernando Díaz Mirón, afincado en Allariz, impúxose nesta xeira do certame e farase cos 3.000 euros en metálico con que está dotado o premio.

O traballo de Díaz Mirón ilustrará a obra Unha tenda azul cobalto, de Antonio Yáñez Casal, que gañou a categoría de narrativa do galardón. No fallo, o xurado destaca da obra do pintor o estar realizada de xeito manual a lapis e que "capta moi ben os feitos da narración". Ademais, o fallo valora que as ilustracións "teñen moi bos enfoques, con xogos e perspectivas diferentes, e complementan a narración sen interferir nela, o que favorece que o lector poida imaxinar a historia libremente".

O comité de selección estivo presidido polo vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández; actuando como secretaria Ana Malingre e como vogais David Canda, Xosé Antón Dorrío, Isabel Mociño e David Manuel Alvarado