Antonio Yáñez Casal faise co XX Premio Pura e Dora Vázquez de Narración

A súa obra Azul Cobalto reportaralle 3.000 euros e será publicada pola Deputación de Ourense

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Antonio Yáñez Casal. Fonte: Xerais

Antonio Yáñez Casal. Fonte: Xerais

A Deputación de Ourense daba a coñecer na mañá deste 12 de setembro o fallo do XX Premio Pura e Dora Vázquez na súa categoría de narración. A obra Azul Cobalto, de Antonio Yáñez Casal, foi seleccionada polo xurado e reportaralle ao seu autor 3.000 euros en metálico. Ábrese agora o prazo para a modalidade de ilustración deste galardón, no que se seleccionarán as ilustracións para esta obra. O traballo final será publicado pola Deputación.

O fallo do xurado destaca do proxecto gañador o ser "unha obra moi orixinal cunha temática rompedora. Que é doada de ler e engancha moito. Ten unha linguaxe e un estilo moi coidados. Destaca valores como o traballo en equipo e a perseveranza. Enxalza o poder dos soños como memoria e destaca a importancia da lectura para poder entender as cousas".

Un representante de cada un dos grupos políticos da Deputación de Ourense: David Canda Castro polo PP; David Manuel Alvarado Roales do PSOE; Xosé Antón Dorrío Vázquez representando a DO, e Isabel Mociño González do BNG, conformaron o comité de selección. canda a eles, actuou como presidente César Fernández Gil, deputado de Cultura da Deputación provincial e como secretaria Ana María Malingre Rodríguez, xefa de sección de Arquivo e Publicacións da Deputación de Ourense.

Yáñez Casal, que conta no seu haber cunha ducia de títulos publicados, obtivo anteriormente galardóns como o Raíña Lupa ou o Meiga Moira, e xa gañara este certame no ano 2016 coa obra Do meu nome e outras traballadas.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antonio Yáñez, Deputación de Ourense, Xosé Antón Dorrío, Xosé Antón Dorrío Vázquez...